mapa portal accesibilidad contacto
EvegaEvega
Xunta de Galicia

O espazo Ribadumia

20160502_110503

A Estación Experimental de Viticultura e Enoloxía de Ribadumia pertence á Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA), dependente da Consellería de Medio Rural, e adscrita o Instituto Galego de Calidade Alimentaria (INGACAL).

Situada no Val do Salnés, dentro da zona da DO Rías Baixas, está adicada á experimentación e investigación do sector vitivinícola, especialmente vinculada á viticultura galega de influencia atlántica.

Liñas de traballo
Experimentación e investigación: Caracterización enolóxica das castes autóctonas, metodoloxía de diferentes técnicas de elaboración, estudo, recuperación, selección e experimentación do material xenético das castes autóctonas de Galicia, comportamento de patróns, sistemas de poda e conducción mellor adaptados ás condicións locais, técnicas de Xestión Integrada e Pragas e de viticultura ecolóxica, e en xeral, a adopción de novas tecnoloxías en produción vitivinícola.

  • Divulgación e trasferencia de coñecementos en novas técnicas de produción e elaboración de viños.
  • Formación contínua: Impartición de cursos de formación específicos de viticultura, produción integrada e ecolóxica, enoloxía e cata de víños.
  • Estación de Avisos Fitosanitarios dirixido ós viticultores e adegueiros.
  • Asesoramento técnico e colaboración co sector vitivinícola e os Consellos Reguladores, especialmente vinculados á DO Rías Baixas e IXPs de viticultura Atlántica.

Instalacións do centro
Edificio de 736 m2 coas seguintes instalacións: dous laboratorios para determinacións analíticas, unha adega de 223 m2, un local de cata, catro despachos, unha biblioteca e un salón de actos para realización de xornadas técnicas e cursos de formación.

Parcela de 3 has, das que 1,5 ha están adicadas a campos de ensaio e experimentación vitícola.

Campos de ensaio específicos

  • Selección Clonal da variedade Albariño, Caiño Tinto e Espadeiro.
  • Comportamento de 4 clons de Albariño en 4 portaenxertos.
  • Comportamento de variedades autóctonas: 6 brancas e 12 tintas.
  • Comportamento de variedades foráneas: 6 brancas e 6 tintas.
  • Ensaio de portaenxerto resistente á Armillarea e Rosellinia.
  • Posta a punto de técnicas de Xestión Integrada de Pragas e de Produción Ecolóxica orientadas á sostibilidade ambiental e económica do viñedo.
  • Evaluación de diferentes sistemas de conducción e poda.
  • Deseño de novos sistemas de condución adaptados ás condicións de cultivo atlánticas.

Persoal
Juan Carlos Vázquez Abal – Técnico da Consellería do Medio Rural.
Mª José Graña Caneiro – Tecnóloga II (INGACAL): Especialista en Enoloxía
Beatriz Castiñeiras Gallego – Técnica Apoio á Divulgación e Investigación Agraria
Alberto Pérez Estévez – Oficial 2º Agrario

Contacto
Estación Experimental de Viticultura e Enoloxía de Ribadumia
Leiro, s/n – 36635 Ribadumia – Pontevedra
Tel: 986710304

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on Twitter
Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio AmbienteFEADER