mapa portal accesibilidad contacto
EvegaEvega
Xunta de Galicia

RECOMENDACIÓNS DA ESTACIÓN DE VITICULTURA E ENOLOXÍA DE GALICIA

Síntomas de Mildeu en acio. Foto de arquivo Evega
30/05/2018

As condicións meteorolóxicas actuais fan que exista risco de Mildeu nas zonas vitícolas galegas.

Dende a semana pasada veñen rexistrándose algunhas precipitacións de carácter tormentoso en moitos puntos de Galicia, cunha suba das temperaturas medias e períodos de elevada humectación foliar no viñedo. Posto a que a previsión é que continúen estas condicións atmosféricas nas próximas datas, existe un risco teórico elevado de que se produzan contaminacións de Mildeu nos viñedos, si non están protexidos cos tratamentos oportunos. Ademais, débese ter en conta a alta sensibilidade fenolóxica actual do viñedo nos períodos en torno a floración.

As condicións epidemiolóxicas do Mildeu para que se produzan as infeccións son que haxa esporas viables no viñedo e a presenza de auga de precipitacións ou períodos de entre 7 e 8 horas continuas de humectación foliar. Ademais, cando nestas condicións as temperaturas medias superan os 13-15 ºC a severidade potencial dos danos pode ser elevada.

Os funxicidas que se recomendan neste momento son os de acción sistémica, xa que protexen as partes verdes da planta que están crecendo con intensidade neste período, e ademais do efecto preventivo, teñen acción curativa e erradícante cando as infeccións xa se produciron con anterioridade no viñedo.

Para que a eficacia dos tratamentos sexa a esperada, é moi importante aplicar os fitosanitarios nas doses recomendadas na etiqueta, e que calidade da pulverización sexa boa, chegando a todas as partes verdes da cepa con gotas que non sexan demasiado finas moi sensibles a deriva, nin de tamaño elevado que teñen menor eficacia e provocan perdidas por goteo. Co fin de favorecer a distribución dos fitosanitarios na planta e mellorar a ventilación dos órganos da cepa, as operacións de poda en verde son necesarias especialmente nas parcelas con elevado vigor. Para a comprobación e axuste da maquina de aplicación, recomendase o emprego de papeis hidrosensibles colocados en diferentes puntos do viñedo para detectar a distribución e tamaño das gotas pulverizadas no dosel vexetativo das cepas.

Realizado o tratamento para o control da enfermidade recomendase tamén comprobar e verificar a eficacia dos tratamentos realizados.

Neste momento os viñedos das zonas do interior levan un atraso fenolóxico do cultivo respecto as zonas de costa con clima primaveral máis tépedo, pero co avance da campaña pronto igualarán a fenoloxía. Nas zonas con danos a pasada campaña de xeadas, a falta de control da enfermidade podería acarear unha forte perdida para os viticultores, xa que encadernaríanse dúas campañas con baixa produción.

Debido a subida das temperaturas medias, tamén se recomenda xunto co tratamento para o Mildeu un fitosanitario especifico para o control preventivo de Oídio.

A EVEGA traballa implementación unha app que permita xerar boletíns de avisos fitosanitarios para toda Galicia

A Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega) coa finalidade de contribuír á sostenibilidade medioambiental e á mellora da produtividade vitivinícola, iniciará a implementación dunha rede de axentes transmisores de información do estado sanitario do viñedo que a través del desenvolvemento dunha aplicación informática adaptada á telefonía móbil, permita l elaboración de boletíns fitosanitarios para o viñedo na comunidade autónoma de Galicia. O modelo, implementado con información meteorolóxica, será adaptable no tempo mediante un sistema automático de aprendizaxe.
Deste xeito os viticultores dispoñerán dunha fonte de información que lles axude a planificar os tratamentos fitosanitarios ao longo da campaña mellorando a súa eficacia e ao mesmo tempo facilite a redución da cantidade de produto a aplicar coas conseguintes reducións de impacto ambiental de de custes económicos para as explotacións.
Por tal motivo o vindeiro 7 de xuño a Evega promove unha xuntanza cos departamentos técnicos das cinco denominacións vitivinícolas de Galicia co gallo de estudar as posibilidades de este proxecto sexa viable e recoller o seu apoio e achegas. En proximas datas este centro impulsará reunións con asociacións de viticultores e técnicos de diferentes empresas vitivinícolas.

Comunicación de EVEGA, 30 de maio de 2018

Equipo técnico de Evega:

Emilia Díaz Losada
Juan carlos Vázquez Abal

[Fotografía: Síntomas de Mildeu en acio. Foto de arquivo Evega]
Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio AmbienteFEADER