mapa portal accesibilidad contacto
EvegaEvega
Xunta de Galicia

Recomendacións técnicas de Evega ante o episodio de sarabia acaecida o 27 de agosto e medidas a adoptar

EVEGA
28/08/2017

Dende un punto de vista xeral, os danos da sarabia nos acios cursan coa aparición de roturas e magulladuras dos bagos, de maior ou menor intensidade segundo o tamaño e a duración da sarabia. Os danos colaterais que se producen nesta situación poden ser dende podremias, oxidacións ata outras alteracións prexudiciais.

Ante esta situación, nas parcelas en que a vendima se ía a producir de forma inmediata, solo cabe realizala o antes posible, xa que é moi previsible que os danos aumenten considerablemente co paso dos días. Deberase seleccionar a uva san e desbotar aquela que presente danos.

As parcelas que teñan colleita procedente das segundas brotacións primaverais, por mor dos danos producidos polas xeadas acaecidas durante o mes de abril en moitos viñedos, están aínda en prazo de poder aplicar un fitosanitario antibotrítico, sendo os de máis interese os que teñan un menor prazo de seguridade dende o intre de aplicación ata o momento da colleita. Nesta situación cabe destacar o preparado a base de Eugeniol 3,3% + Geraniol 6,6% + Timol 6,6% [CS] P/V con 7 días de prazo de seguridade.

Os demais antibotríticos rexistrados teñen prazos de seguridade de 14, 21 ou máis días. Elixirase sempre o fitosanitario en función do prazo de seguridade e a eficacia esperada.

A SECCIÓN VITICULTURA EVEGA

Emilia Díaz Losada
María Graña Caneiro
Juan Carlos Rodríguez Abalos

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on Twitter
Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio AmbienteFEADER