mapa portal accesibilidad contacto
EvegaEvega
Xunta de Galicia

TALLER PRÁCTICO – Defectos do viño tinto. Novos procesos de detección e corrección

21/05/2018

Dentro do marco da II Semana Vitivinícola de Galicia, a Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia organiza o vindeiro 7 de xuño, un taller práctico sobre “DEFECTOS DO VIÑO TINTO. DETECCIÓN E CORRECCIÓN”.

Esta actividade desenvolverase no Liceo de Ourense (Rúa Lamas Carvajal nº5 – Ourense), en xornada de tarde. No mesmo colaboran a Deputación Provincial de Ourense, o Concello de Ourense, a Fundación Juana de Vega, a Axencia Galega de Innovación (GAIN), o Instituto Galego da Calidade Alimentaria (INGACAL) e a Asociación Galega de Enólogos (AGE).

As prazas dispoñibles son 40. PRAZAS ESGOTADAS. Pode descargar aquí o programa e a folla de solicitude:

>> Descargar díptico

>> Descargar folla de inscrición

Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio AmbienteFEADER