mapa portal accesibilidad contacto
EvegaEvega
Xunta de Galicia

XORNADAS TÉCNICAS – Novas tendencias e procesos na elaboración de viños

02/05/2018

O vindeiro 16 de maio, a Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA), organiza as terceiras xornadas técnicas correspondentes ao ano 2018.

O evento leva por título “Novas tendencias e procesos na elaboración de viños” e desenvolverase no Salón de Congresos e Exposicións José Peña de Cambados (Pontevedra), en xornada de mañá. No mesmo colaboran o Concello de Cambados, a Fundación Juana de Vega, o CRDO Rías Baixas e o Instituto Galego da Calidade Alimentaria (INGACAL).

As prazas dispoñibles son 100. O prazo de inscrición rematará o día 14 de maio agás que se esgoten antes as prazas. Pode descargar aquí o programa e a folla de solicitude:

>> Descargar díptico

>> Descargar folla de inscrición

Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio AmbienteFEADER