mapa portal accesibilidade contacto
EvegaEvega
Xunta de Galicia

Moscatel de Bago Miúdo

Maduración

Maduración

SumidadeFolla Nova: FaceFolla Nova: EnvésFolla Adulta: FaceFolla Adulta: EnvésBagoAcio
FENOLOXÍA

Xema de inverno

  • 13/04/2015

Xema inchada

  • 04/04/2016

Punta verde

  • 29/03/2017
+ histórico

Saída de follas

  • 21/04/2016

Follas extendidas

  • 07/04/2017
+ histórico

Acios visibles

  • 30/04/2015

Acios separados

  • 17/04/2017
+ histórico

Botóns florais separados

  • 24/04/2017
+ histórico

Floración

  • 09/06/2016
+ histórico

Callado

  • 15/06/2016
+ histórico

Uvas tamaño guisante

  • 23/06/2016
+ histórico

Peche do acio

  • 06/07/2016
+ histórico

Envero

  • 04/08/2015
+ histórico

Maduración

  • 06/09/2016
+ histórico

Sinonimias

Moscatel Galego

Antecedentes

García de los Salmones (1914) cita a presenza de Moscatel de Bago Branco nas localidades de Betanzos, Fonsagrada e Celanova. Non consta no Catastro Vitícola de 1983, polo que o seu cultivoera reducido. Galet (1985) menciona a súa correspondencia con Muscat Blanc de Frontignan, variedade que foi cultivada dende a antigüidade ao bordo do mediterráneo, e que moi posiblemente fose introducida en España polos romanos.

Situación actual

Está presente en parcelas plurivarietais nas DD.OO. Ribeiro e Ribeira Sacra.

Valoracións sobre o seu cultivo

Variedade de brotación e maduración temperá, é moi sensible ao oídio, moderadamente sensible ao mildeu e pouco sensible á botrite. Produce viños moi aromáticos, de elevada graduación (valores entre 12-16%) e baixa acidez (valores entre 7-8 g/L).

Descrición morfolóxica

Pámpano

O pámpano novo presenta a extremidade aberta con peluxe tombada de densidade baixa e sen pigmentación ausente ou reberetada de intensidade débil. A cara dorsal dos entrenós e nós é verde e vermella, e a ventral, verde. As xemas presentan pigmentación antociánica na base da bráctea e de intensidade débil.

Folla Nova

A folla nova é cobreada-avermellada con peluxe tombada de densidade media.

Folla Adulta

A folla adulta de cor verde media presenta tamaño medio e forma pentagonal, con cinco lóbulos; glabra; perfil plano; limbo con avultamento débil; dentes con lados rectilíneos, de lonxitude longa en relación á súa anchura; seo peciolar con lóbulos pouco abertos e coa base en forma de chave; seos laterais superiores abertos coa base en formade chave; pecíolo lixeiramente máis curto que o nervio principal.

Acio

O acio é cónicoou cilíndrico, de lonxitude, anchura e compacidade media. O pedúnculo é de lonxitude curta.

Bago

O bago de cor verde amarela presenta forma esférica.

Caracterización molecular

Microsatélites VVS2 VVMD5 VVMD7 VrZag47 VrZag62 VrZag79 VVS29 VVS5
Pb.
130 130
224 232
231 247
155 171
185 195
249 253
169 169
109 109
Microsatélites VVS2 VVMD5 VVMD7 VrZag47
Pb.
130 130
224 232
231 247
155 171
Microsatélites VrZag62 VrZag79 VVS29 VVS5
Pb.
185 195
249 253
169 169
109 109
Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on Twitter
Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio AmbienteFEADER