mapa portal accesibilidade contacto
EvegaEvega
Xunta de Galicia

Dona Branca

Maduración

Maduración

Folla Nova: FaceFolla Nova: EnvésFolla Adulta: FaceFolla Adulta: EnvésAcio
FENOLOXÍA

Xema de inverno

  • 29/03/2017

Xema inchada

  • 11/04/2016

Punta verde

  • 21/04/2016

Saída de follas

  • 07/04/2017
+ histórico

Follas extendidas

  • 05/05/2016
+ histórico

Acios visibles

  • 30/04/2015

Acios separados

  • 17/04/2017
+ histórico

Botóns florais separados

  • 26/05/2016
+ histórico

Floración

  • 15/06/2016
+ histórico

Callado

  • 23/06/2016
+ histórico

Uvas tamaño guisante

  • 30/06/2016
+ histórico

Peche do acio

  • 23/07/2014

Envero

  • 18/08/2016
+ histórico

Maduración

  • 14/09/2016
+ histórico

Sinonimias

Moza Fresca, Valenciana

Antecedentes

García de los Salmones (1914) cítaa en Lugo, Allariz, Celanova e Viana do Bolo. No Catastro Vitícola de 1983 cítase como cultivada na provincia de Lugo, onde ocupaba o 0,24% da superficie de viñedo, e en Ourense, o 2,2%.

Situación actual

Está considerada variedade preferente nas DD.OO. Ribeira Sacra, Valdeorras e Monterrei.

Valoracións sobre o seu cultivo

Variedade moi produtiva, de brotación media ou tardía e maduración media-precoz, moi sensible á botrite e moderadamente sensible ao mildeu e ao oídio. Produce viños con graduación media de 11% e acidez de 5 g/L.

Descrición morfolóxica

Pámpano

O pámpano novo presenta a extremidade aberta con peluxe tombada de densidade baixa e pigmentación reberetada de intensidade forte. A cara dorsal e ventral dos entrenós e nós é verde. As xemas non presentan pigmentación antociánica.

Folla Nova

A folla nova é verde con peluxe tombada de densidade alta.

Folla Adulta

A folla adulta de cor verde media presenta tamaño medio e forma pentagonal, con cinco lóbulos; peluda, con densidade media de pelos tombados e ergueitos entre os nervios principais do envés do limbo; perfil alabeado; limbo con avultamento e inchazón débil; dentes con mestura de lados convexos e rectilíneos, de lonxitude media en relación á súa anchura; seo peciolar con lóbulos pouco abertos e coa base en forma de U;seos laterais superiores con lóbulos lixeiramente superpostos coa base en forma de chave; pecíolo lixeiramente máis curto que o nervio principal.

Acio

O acio é cónico, longo, ancho, de compacidade media e con presenza de 1 ou 2 ás. O pedúnculo é de lonxitude curta.

Bago

O bago de cor verde amarela presenta forma elíptica curta.

Caracterización molecular

Microsatélites VVS2 VVMD5 VVMD7 VrZag47 VrZag62 VrZag79 VVS29 VVS5
Pb.
134 150
218 230
237 247
157 157
185 203
245 245
169 177
121 121
Microsatélites VVS2 VVMD5 VVMD7 VrZag47
Pb.
134 150
218 230
237 247
157 157
Microsatélites VrZag62 VrZag79 VVS29 VVS5
Pb.
185 203
245 245
169 177
121 121
Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on Twitter
Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio AmbienteFEADER