mapa portal accesibilidade contacto
EvegaEvega
Xunta de Galicia

Caíño tinto

Maduración

Maduración

SumidadeFolla Nova: FaceFolla Nova: EnvésFolla Adulta: FaceFolla Adulta: EnvésBago AbertoBagoAcio
FENOLOXÍA

Xema de inverno

  • 29/03/2017

Saída de follas

  • 21/04/2016

Follas extendidas

  • 27/04/2016

Acios visibles

  • 30/04/2015

Acios separados

  • 05/05/2016
+ histórico

Botóns florais separados

  • 19/05/2016
+ histórico

Floración

  • 15/06/2016
+ histórico

Callado

  • 23/06/2016
+ histórico

Uvas tamaño guisante

  • 30/06/2016
+ histórico

Peche do acio

  • 14/07/2016
+ histórico

Envero

  • 14/08/2016
+ histórico

Maduración

  • 27/09/2016
+ histórico

Sinonimias

Caíño Redondo (na DO Ribeiro), Cachiño (en Boiro), Tinta Femia (no occidente da provincia de Pontevedra) e Borraçal (Baixa Limia)

Antecedentes

García de los Salmones (1914) cítaa baixo a denominación Cachiño en Boiro. O regulamento da DO Rías Baixas recólleo no ano 1987 como Caíño Tinto. Estudos de filoxenia demostran que deriva de Caíño Bravo (Díaz-Losada et al.,2010).

Situación actual

Variedade preferente nas DD.OO. Ribeiro, Ribeira Sacra, Rías Baixas, e Valdeorras, e na indicación xeográfica Viño da Terra Barbanza e Iria. A súa distribución é ampla, esténdese dende o Ulla e O Barbanza ata A Guarda, ao longo do río Miño, e ademais está presente na zona occidental da provincia de Ourense e chega ata a Baixa Limia.

Valoracións sobre o seu cultivo

Variedade de brotación e maduración tardía, vigor alto e rendemento medio, presenta sensibilidade de intensidade media ao oídio e ao mildeu. Produce viños afroitados de graduación media (10,6-11%) e acidez elevada (10-7,50 g/L).

Descrición morfolóxica

Pámpano

O pámpano novo presenta a extremidade aberta con peluxe tombada de densidade media e pigmentación reberetada de intensidade débil. A cara dorsal dos entrenós e nós é verde e vermella, mentres que a ventral é verde. As xemas presentan pigmentación antociánica na base de intensidade débil.

Folla Nova

A folla nova é bronceada con peluxe tombada de densidade media.

Folla Adulta

A folla adulta de cor verde media presenta tamaño medio e forma pentagonal, con tres lóbulos; peluda, con densidade media de pelos tombados entre os nervios principais e baixa sobre estes,e con nula ou moi baixa densidade de pelos ergueitos entre e sobre os nervios principais; perfil plano; limbo con avultamento e inchazón débil; presenza de pigmentación antociánica sobre os nervios principais do envés do limbo que alcanza a primeira bifurcación; dentes con lados convexos e rectilíneos, de lonxitude curta en relación á súa anchura; seo peciolar con lóbulos superpostos e a base en forma de V; seos laterais superiores abertos coa base en forma de V; pecíolo lixeiramente máis curto que o nervioprincipal.

Acio

O acio é cilíndrico, curto, estreito e compacidade media e con presenza de 1 ou 2 ás. O pedúnculo é de lonxitude media.

Bago

O bago de cor azul negra presenta forma esférica.

Caracterización molecular

Microsatélites VVS2 VVMD5 VVMD7 VrZag47 VrZag62 VrZag79 VVS29 VVS5
Pb.
130 132
228 234
237 237
157 161
193 193
245 245
169 179
85 121
Microsatélites VVS2 VVMD5 VVMD7 VrZag47
Pb.
130 132
228 234
237 237
157 161
Microsatélites VrZag62 VrZag79 VVS29 VVS5
Pb.
193 193
245 245
169 179
85 121
Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on Twitter
Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio AmbienteFEADER