mapa portal accesibilidade contacto
EvegaEvega
Xunta de Galicia

Palomino

Maduración

Maduración

SumidadeFolla Nova: FaceFolla Nova: EnvésFolla Adulta: FaceFolla Adulta: EnvésBagoAcio
FENOLOXÍA

Xema de inverno

  • 13/04/2015

Xema inchada

  • 04/04/2016

Punta verde

  • 29/03/2017
+ histórico

Saída de follas

  • 21/04/2016

Follas extendidas

  • 07/04/2017
+ histórico

Acios visibles

  • 05/05/2016
+ histórico

Acios separados

  • 17/04/2017

Botóns florais separados

  • 19/05/2016
+ histórico

Floración

  • 09/06/2016
+ histórico

Callado

  • 23/06/2016
+ histórico

Uvas tamaño guisante

  • 30/06/2016
+ histórico

Peche do acio

  • 03/07/2014

Envero

  • 04/08/2015
+ histórico

Maduración

  • 19/09/2016
+ histórico

Sinonimias

Xerez

Antecedentes

García de los Salmones (1914) cítaa como cultivada na localidade do Barco de Valdeorras na provincia de Ourense, baixo as denominacións de Palomino ou Xerez, e na provincia de Lugo baixo a denominación de Xerez. No Catastro Vitícola de 1983 cítase a súa presenza nas catro provincias galegas

Situación actual

É recoñecida como variedade autorizada nas DD.OO. Ribeiro e Valdeorras. Tamén está contemplada para a elaboración de viños na indicación xeográfica Viño da Terra Val do Miño.

Valoracións sobre o seu cultivo

Variedade de brotación e maduración media,presenta resistencia baixa ao oídio. Produce viños lixeiros, de graduacións media e baixa acidez. Comunmente é utilizada como complementaria en viños plurivarietais.

Descrición morfolóxica

Pámpano

O pámpano novo presenta a extremidade aberta con peluxe tombada de densidade baixa e sen pigmentación. A cara dorsal do entrenó e nó é verde e vermella. As xemas presentan pigmentación antociánica que afecta case toda a bráctea e de intensidade débil.

Folla Nova

A folla nova é bronceada con peluxe tombada de densidade media.

Folla Adulta

A folla adulta de cor verde media presenta tamaño grande e forma pentagonal, con cinco lóbulos; peluda, con densidade media de pelos tombados e baixa de pelos ergueitos entre os nervios principais do envés do limbo; perfil plano; limbo con avultamento e inchazón débil; dentes con mestura de lados convexos e rectilíneos, de lonxitude media en relación á súa anchura; seo peciolar con lóbulos lixeiramente superpostos e coa base en forma de chave; seos laterais superiores con lóbulos lixeiramente superpostos coa base en formade chave; pecíolo lixeiramente máis curto que onervio principal.

Acio

O acio é cónico, longo, ancho, de compacidade media e con presenza de 1 ou 2 ás. O pedúnculo é de lonxitude curta.

Bago

O bago de cor verde amarela presenta forma esférica.

Caracterización molecular

Microsatélites VVS2 VVMD5 VVMD7 VrZag47 VrZag62 VrZag79 VVS29 VVS5
Pb.
130 142
224 236
237 247
161 171
187 193
249 255
169 169
85 117
Microsatélites VVS2 VVMD5 VVMD7 VrZag47
Pb.
130 142
224 236
237 247
161 171
Microsatélites VrZag62 VrZag79 VVS29 VVS5
Pb.
187 193
249 255
169 169
85 117
Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on Twitter
Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio AmbienteFEADER