mapa portal accesibilidade contacto
EvegaEvega
Xunta de Galicia

Caiño Longo 1

Maduración

Maduración

SumidadeFolla Nova: EnvésFolla Adulta: FaceFolla Adulta: EnvésBagoAcio
FENOLOXÍA

Xema inchada

  • 29/03/2017

Saída de follas

  • 07/04/2017
+ histórico

Follas extendidas

  • 27/04/2016

Acios visibles

  • 30/05/2015

Acios separados

  • 17/04/2017
+ histórico

Botóns florais separados

  • 19/05/2016
+ histórico

Floración

  • 15/06/2016
+ histórico

Callado

  • 23/06/2016
+ histórico

Uvas tamaño guisante

  • 30/06/2016
+ histórico

Peche do acio

  • 28/07/2016
+ histórico

Envero

  • 18/08/2016
+ histórico

Maduración

  • 15/09/2016
+ histórico

Antecedentes

Coñecido dende a antigüidade na DO Ribeiro. Freijanes e Alonso (1997) cítana como cultivada na zona de transición da rexión galega. Estudos de filoxenia indican que se enmarca na linaxe con orixe en Caíño Bravo.

Situación actual

Variedade minoritaria que actualmente forma parte de parcelas plurivarietais na comarca do Ribeiro e zona limítrofe do Condado.

Valoracións sobre o seu cultivo

Variedade de agromada serodia e maduración media; produción alta en relación a Mencía; sensibilidade baixa á botrite, media a oídio e media-alta a mildeu. En maduracións axeitadas produce viños de graduación media-alta (varía entre 11,2-13,6%v/v), acidez media-alta (varía entre 6,36 g/L-10,9g/L) e pH baixo. Os viños son estruturados, de persistencia alta con certa adstrinxencia, con aromas a froitos roxos e herba fresca; posúe un alto contido fenólico.

Descrición morfolóxica

Pámpano

O pámpano novo presenta a extremidade aberta con peluxe tombada de densidade media e pigmentación reberetada de intensidade débil. A cara dorsal e ventral dos entrenós e nós é verde.As xemas presentan pigmentación antociánica de intensidade débil que alcanza ata ¾ da base da bráctea.

Folla Nova

A folla nova é bronceada con peluxe tombada de densidade media.

Folla Adulta

A folla adulta de cor verde media presenta tamaño medio e forma pentagonal, con cinco lóbulos; peluda; con densidade media de pelos tombados entre os nervios principais do envés do limbo, e baixa de pelos ergueitos entre e sobre estes; perfil alabeado; limbo con inchazón débil; dentes de lados convexos, de lonxitude curta en relación á súa anchura; seo peciolar con lóbulos pouco abertos e coa base en forma de U; seos laterais superiores abertos coa base en forma de V; pecíolo lixeiramente máis curto que o nervio principal.

Acio

O acio é cónico, longo, ancho, de compacidade media e con presenza de 3 ou 4 ás. O pedúnculo é de lonxitude curta.

Bago

O bago de cor azul negra presenta forma elíptica curta.

Caracterización molecular

Microsatélites VVS2 VVMD5 VVMD7 VrZag47 VrZag62 VrZag79 VVS29 VVS5
Pb.
140 140
222 232
241 261
157 165
187 195
243 245
169 169
85 121
Microsatélites VVS2 VVMD5 VVMD7 VrZag47
Pb.
140 140
222 232
241 261
157 165
Microsatélites VrZag62 VrZag79 VVS29 VVS5
Pb.
187 195
243 245
169 169
85 121
Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on Twitter
Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio AmbienteFEADER