mapa portal accesibilidade contacto
EvegaEvega
Xunta de Galicia

Albarí­n Blanco

Maduración

Maduración

SumidadeFolla Nova: FaceFolla Nova: EnvésFolla Adulta: FaceFolla Adulta: EnvésBagoAcio
FENOLOXÍA

Xema inchada

Punta verde

Follas extendidas

  • 07/04/2017
+ histórico

Acios visibles

Acios separados

  • 17/04/2017
+ histórico

Botóns florais separados

  • 24/04/2017
+ histórico

Floración

  • 09/06/2016
+ histórico

Callado

  • 08/06/2015
+ histórico

Uvas tamaño guisante

  • 23/06/2016
+ histórico

Peche do acio

  • 30/06/2015
+ histórico

Envero

  • 11/08/2016
+ histórico

Maduración

  • 06/09/2016
+ histórico

Sinonimias

Branco Lexítimo en Betanzos, Raposo no Barbanza, Branca do País no Val do Navia. Prueba

Antecedentes

García de los Salmones (1914) cítaa baixo a denominación de Branca Lexítima na localidade de Paderne (Betanzos), na provincia da Coruña.

Situación actual

Variedade minoritaria presente nas zonas de Betanzos e O Barbanza.

Valoracións sobre o seu cultivo

Variedade de agromada e maduración temperás; produción media en relación á variedade branca Albariño; sensibilidade alta ao oídio e media ao mildeu e á botrite. Produce viños que en zonas axeitadas poden acadar unha elevada graduación alcohólica (12,5-15,5%) e de acidez media (6,2-6,7 g/L) cun pH 2,9-3,4. Caracterizado por posuír un alto contido en terpenos, superior aos atopados no Albariño, Treixadura ou Loureira, variedades estas últimas consideradas como idóneas para a elaboración de viños brancos en Galicia. Adecuada para a elaboración de viños monovarietais ou en mestura con outras castes, viños do ano, aínda que tamén pode admitir o paso por barrica. De intensidade aromática alta, con aromas primarios intensos a froita fresca, pexego, albaricoque e a froita confeitada, pexego en almibre. O viño é estruturado, con corpo e persistente.

Descrición morfolóxica

Pámpano

O pámpano novo presenta a extremidade aberta con peluxe tombada de densidade baixa e pigmentación reberetada de intensidade débil. A cara dorsal e ventral dos entrenós e ventral dos nós é verde e vermella, mentres a dorsal dos nós é verde. As xemas non presentan pigmentación antociánica.

Folla Nova

A folla nova é verde ou bronceada con peluxe tombada de densidade baixa.

Folla Adulta

A folla adulta de cor verde media presenta tamaño medio e forma pentagonal, con cinco lóbulos; peluda, con densidade baixa de pelos tombados entre e sobre os nervios principais do envés do limbo; perfil alabeado; limbo con avultamento e inchazón débil; presenza de pigmentación antociánica sobre os nervios principais do envés do limbo que alcanza a primeira bifurcación; dentes con lados rectilíneos, de lonxitude media en relación á súa anchura; seo peciolar pouco aberto e coa base en forma de chave; seos laterais superiores abertos coa base en forma de V; pecíolo lixeiramente máis curto que o nervio principal.

Acio

O acio é cónico, de lonxitude, anchura e compacidade media e con presenza de 1 ou 2 ás. O pedúnculo é de lonxitude moi curta.

Bago

O bago de cor verde amarela presenta forma elíptica curta.

Caracterización molecular

Microsatélites VVS2 VVMD5 VVMD7 VrZag47 VrZag62 VrZag79 VVS29 VVS5
Pb.
130 150
218 234
237 255
157 165
185 193
243 245
169 169
117 150
Microsatélites VVS2 VVMD5 VVMD7 VrZag47
Pb.
130 150
218 234
237 255
157 165
Microsatélites VrZag62 VrZag79 VVS29 VVS5
Pb.
185 193
243 245
169 169
117 150
Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on Twitter
Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio AmbienteFEADER