mapa portal accesibilidade contacto
EvegaEvega
Xunta de Galicia

Mandón

Botóns florais separados

Botóns florais separados

SumidadeFolla Nova: FaceFolla Nova: EnvésFolla Adulta: FaceFolla Adulta: EnvésBagoAcio
FENOLOXÍA

Xema de inverno

  • 29/03/2017

Xema inchada

  • 04/04/2016
+ histórico

Saída de follas

  • 07/04/2017

Follas extendidas

  • 27/04/2016

Acios visibles

  • 05/05/2016
+ histórico

Acios separados

  • 17/04/2017
+ histórico

Botóns florais separados

  • 19/05/2016
+ histórico

Floración

  • 15/06/2016

Callado

  • 23/06/2016
+ histórico

Uvas tamaño guisante

  • 06/07/2016
+ histórico

Antecedentes

Variedade considerada autóctona de Arribes delDuero, na Comunidade Autónoma de Castela eLeón (Rubio et al., 2005; Santana et al., 2008).No Catastro Vitícola de 1983 cítase comocultivada na provincia da Coruña, e ocupabaunha superficie de 0,37 ha, o que representa o0,01% da extensión de viñedo.

Situación actual

Descoñécese a súa localización actual.

Descrición morfolóxica

Pámpano

O pámpano novo presenta a extremidade abertacon peluxe tombada de densidade media e pigmentaciónreberetada de intensidade forte. Acara dorsal e ventral do entrenó e a cara ventraldo nó son verdes, e a cara dorsal do nó, verde evermella. As xemas non presentan pigmentaciónantociánica.

Folla Nova

A folla nova é bronceada con peluxe tombada dedensidade alta.

Folla Adulta

A folla adulta de cor verde media presenta tamañomedio e forma pentagonal, con cinco lóbulos;peluda, con densidade media de pelos tombadose baixa de pelos ergueitos entre os nervios principaisdo envés do limbo; perfil alabeado; limbocon avultamento e inchazón de intensidade débil;dentes con lados rectilíneos, de lonxitude curta enrelación á súa anchura; seo peciolar con lóbulospouco abertos e coa base en forma de chave; seoslaterais superiores pouco abertos coa base en formade V; pecíolo lixeiramente máis curto que onervio principal.

Acio

O acio é cónico, de lonxitude, anchura ecompacidade media e con presenza de 3 ou 4 ás.O pedúnculo é de lonxitude curta.

Bago

O bago de cor azul negra presenta formaesférica.

Caracterización molecular

Microsatélites VVS2 VVMD5 VVMD7 VrZag47 VrZag62 VrZag79 VVS29 VVS5
Pb.
140 150
222 236
237 237
159 159
185 187
255 257
169 169
109 117
Microsatélites VVS2 VVMD5 VVMD7 VrZag47
Pb.
140 150
222 236
237 237
159 159
Microsatélites VrZag62 VrZag79 VVS29 VVS5
Pb.
185 187
255 257
169 169
109 117
Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on Twitter
Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio AmbienteFEADER