mapa portal accesibilidade contacto
EvegaEvega
Xunta de Galicia

Relatorios

Dende hai anos, a Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia leva a cabo unha serie de accións formativas mediante a realización de xornadas, cursos e talleres prácticos. Neste apartado poñeranse a disposición dos viticultores, adegueiros e estudantes todo o material formativo presentado nas mesmas, sempre con previa autorización dos autores.

 

XORNADAS TÉCNICAS: OS VIÑOS DOCES. INNOVACIÓN EN PROCESOS E TECNOLOXÍAS.

Celebradas o 28 de abril de 2016 na Casa da Cultura de Ribadavia pola Evega en colaboración co CRDO Ribeiro, a Asociación Galega de Enólogos (AGE) e o Instituto Galego da Calidade Diferencial (Ingacal).

Os viños doces naturais: viños botritizados, viños de vendima tardía. O Tostado do Ribeiro. Por Manuel Castro González. Enólogo da Cooperativa Viña Costeira.
Descargar en PDF

Os viños xenerosos andaluces. Os viños doces de Pedro Ximénez e Moscatel. Novas tendencias. Por María Belén Puertas García. Doutora en Ciencias químicas. Rancho de la Merced (Xerez).
Descargar en PDF

Os viños licorosos de Portugal. Os viños de Porto e Madeira. Novas tendencias. Por Francisco Manuel Morais Sarmiento. Doutor en Biotecnoloxía. Universidade Católica Portuguesa.
Descargar en PDF

XORNADAS TÉCNICAS: ALTERNATIVAS AO VIÑO TRADICIONAL. NOVOS PRODUTOS

Celebradas o 17 de marzo de 2016 no Centro sociocultural de Sober (Lugo) pola Evega en colaboración con Concello de sober, o CRDO Ribeira Sacra e o Ingacal.

Cristina Codesido Fernández, Licenciada en Administración e Dirección de empresas. Xerenta de vermutería de Galicia, desenvolveu un relatorio no que deu a coñecer a produción de vermú e viños aromatizados en Galicia.

Vermú e aperitivos

Julián Suberviola Ripa, Xefe de Sección de Fomento Vinícola do EVENA desenvolveu un relatorio no fixo unha análise polo miúdo da evolución do viño rosado.

Viños rosados. Evolución e perspectivas

ACTUALIDADE ENOLÓXICA

Celebradas o 10 de decembro de 2015 nos salóns de Casal de Armán (Ribadavia) pola Asociación Galega de Enólogos en colaboración coa Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia.

Jaime Martínez Baz, Xefe de dependencias de Aduanas e Impostos especiais na delegación ourensá da Axencia Tributaria, desenvolveu un relatorio no que deu a coñecer polo miúdo o réxime fiscal do viño e os seus derivados para poder levar axeitadamente o pago das taxas e libros da adega.

O sistema de control de movementos de impostos especiais

Impostos Especiais de Fabricación, novidades lexislativas

Exemplo Libro corto de xestión para adegas

 

Juan Cacho Palomar, catedrático emérito do Departamento de Química Analítica da Universidade de Zaragoza actualizou os coñecemento dos aromas máis característicos do viño e a súa influencia na cata cara a poder definir os limiares de percepción.

O viño: aroma e certificación

XORNADAS TÉCNICAS: CLAVES PARA VENDER MÁIS E MELLOR O VIÑO

Celebradas o 18 de marzo de 2015 no Centro socio-cultural de Sober (Lugo) pola Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia en colaboración co Concello de Sober, o CRDO Ribeira Sacra e o Instituto Galego da Calidade (INGACAL).

Jose Antonio Fraiz Brea, profesor titular da área de comercialización e investigación de mercados da UVIGO, desenvolveu un relatorio no fixo unha análise polo miúdo do contorno competitivo no sector do viño así como deu claves para as estratexias axeitadas para a competitividade

Análise do contorno competitivo no sector do viño

 

María de la Cruz del río Rama, profesora titular da facultade de empresariais da UVIGO, falou do enoturismo coma realidade e potencialidade en Galicia.

Enoturismo. Unha alternativa estratéxica no sector do viño

Manuel Deza Palomar, xefe de departamento de deseño da empresa Coretti, fixo fincapé na importancia da embalaxe no marketing do viño e da creación dunha etiqueta axeitada a cada produto.

Importancia da embalaxe na venda do viño

Rafael del Rey Salgado, Director xeral da Fundación Observatorio Español do Mercado do Viño (OEMV) desenvolveu unha análise realista do mercado do viño tanto a nivel nacional coma as potencialidades de internacionalización.

Freos e aceleradores ao consumo do viño

XORNADAS TÉCNICAS: OS VIÑOS DE GARDA. A UTILIZACIÓN DE DIFERENTES MADEIRAS PARA A SÚA CRIANZA

Celebradas o 29 de abril de 2015 na Casa da cultura de Ribadavia (Ourense) pola Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia en colaboración co CRDO Ribeiro e o Instituto Galego da Calidade (INGACAL).

Emilia Díaz Losada, Tecnóloga da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia, desenvolveu un relatorio no que fixo unha análise polo miúdo da potencialidade das castes autóctonas galegas para elaborar viños de garda.

Castes galegas para crianza

 

Juana Martínez García, investigadora do Centro de Investigación e Desarrollo Agrario da Rioxa, falou das distintas especies de carballo e outras madeiras para a elaboración de viños de garda, facendo fincapé nas súas características aromáticas.

Roble y otras maderas en la crianza

 

Ernesto Franco Aladrén, Investigador do centro de Transferencia Agroalimentario do Goberno de Aragón, desenvolveu as diferenzas entre os viños criados en barrica e aqueloutros nos que se utilizaron chips de madeira. Asemade presentou datos de estudos feitos no marco do GETEVE.

Alternativas al uso de Barricas

 

Pablo Vila Lameiro, profesor do Departamento de Enxeñería agroforestal da USC, explicou as experiencias desenvolvidas no seu departamento con carballo galego para garda de viños.

Experiencias con carballo galego

 

Alfonso Losada Quiroga (xefe de Enoloxía da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia) e Ignacio Orriols Fernández (Ex-director da EVEGA e doutor en Ciencias Químicas), presentaron datos de distintas experiencias desenvolvidas na EVEGA sobre garda de viños con distintas especiaes de carballo.

Uso de madeiras para crianza

Elaboración de viños con distintos tipos de carballo

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on Twitter
Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio AmbienteFEADER