Cursos

CURSO PARA A FORMACIÓN DE ASESORES-VITICULTURA: XESTIÓN INTEGRADA DE PRAGAS NA VITICULTURA
Data: 16/10/2023
Lugar: Estación Experimental de Viticultura e Enoloxía de Ribadumia (Pontevedra)
CURSO: A PODA DA VIDEIRA. FUNDAMENTOS TEÓRICOS E PRÁCTICA DA PODA.
Data: 23/10/2023
Lugar: Estación Experimental de Viticultura e Enoloxía de Ribadumia
Entidades colaboradores: Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL), Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA), Fundación Juana de Vega
Nº de prazas: 15
Data límite de inscrición: 18/10/2023
Obxectivos: O cultivo da vide na provincia de Pontevedra ten unha grande importancia, tanto a nivel económico como a nivel social. Dentro do campo da viticultura, a poda é a práctica de cultivo de maior relevancia á hora de definir a formación da planta así coma o seu mantemento ao longo dos anos de cultivo, buscando a conservación das canles de zume e evitando, na medida do posible, a entrada de enfermidades da madeira a través dos cortes de poda.
CURSO PARA A FORMACIÓN DE ASESORES: A DIXITALIZACIÓN NA VITICULTURA
Data: 09/10/2023
Lugar: Estación de Experimental de Viticultura de Ribadumia (Pontevedra)
Aptitude Empresarial Agraria – Vitivinicultura. Técnicas de cultivo.
Data: do 22/06 ao 29/06/2015
Lugar: Estación Experimental de Viticultura e Enoloxía
Entidades colaboradores: INGACAL
Obxectivos: establecemento das pautas a seguir para o establecemento do viñedo así como para o manexo do solo máis axeitado a unha viticultura sostible; a aprendizaxe das técnicas de manexo do material vexetal: enxerto, formación da planta, poda, sistemas de condución; incidirase no uso sostible de fitosanitarios para a prevención e control de pragas e enfermidades da vide e, finalmente daranse a coñecer as posibilidades de diversidade varietal co que conta Galicia.
Curso: Técnicas de cultivo
Data: do 20/06 ao 29/06/2016
Lugar: Centro de Formación da Mancomunidade de Concellos da Comarca de Verín – Camiño Vello de Sousas (entrada a Fontenova) – Verín (Ourense)
Entidades colaboradores: CRDO Monterrei, a Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín e o INGACAL
Obxectivos: formar a viticultures e adegueiros, sobre os temas máis importantes relacionados coa viticultura, abordando cuestións e aspectos que posteriormente poidan poñer en práctica nas súas explotacións.