Xornadas

TALLER PRÁCTICO: A PODA NA VIDE
Data: 16/11/2023
Lugar: Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA)
Entidades colaboradores: Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL), Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA) e Fundación Juana de Vega
Nº de prazas: 30
PRAZAS ESGOTADAS
Data límite de inscrición: 13/11/2023
Obxectivos: Con este obradoiro preténdese formar viticultores e técnicos na poda respectuosa coa planta, o que propicia que os viñedos duren máis anos cun mellor estado sanitario e produtivo.
XORNADA TÉCNICA: MANEXO SUSTENTABLE NO VIÑEDO E CALIDADE DOS VIÑOS NA DOP RIBEIRO
Data: 25/10/2023
Lugar: Aula da sede do Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida Ribeiro, Avda. Redondela nº 3- 3º andar (32400 – Ribadavia)
Entidades colaboradores: Ribeiro, Fundación Juana de Vega
Nº de prazas: 60
PRAZAS ESGOTADAS
Data límite de inscrición: 23/10/2023
Obxectivos: Con esta xornada vanse presentar os resultados do proxecto para a súa análise e discusión entre os axentes implicados (investigadores, produtores, adegas e o CRDOP Ribeiro).
TALLER PRÁCTICO: Defectos do viño. Recoñecemento, prevención e corrección.
Lugar: Verín – Ourense
Entidades colaboradores: C.R.D.O. Monterrei, Concello de Verín e INGACAL
Obxectivos: Neste taller práctico os asistentes poderán coñecer as moléculas responsables dos defectos máis comúns dos viños, a súa orixe e os mecanismos de aparición; aprender a detectar o limiar de percepción de cada defecto; estudar o comportamento dos viños fronte aos defectos; memorizar os defectos máis comúns nos viños así como coñecer a prevención e/ou eliminación dos defectos.
Congreso INVESTIGACIÓN EN VITICULTURA E ENOLOXÍA EN GALICIA. A Transferencia tecnolóxica
Data: 23 de xuño de 2015
Lugar: Ourense
Entidades colaboradores: Deputación de Ourense e INGACAL
Obxectivos: Coñecer a situación actual da investigación en viticultura e enoloxía en Galicia, establecer os piares de posible sinerxías entre os grupos de investigación galegos para o futuro e desenvolver unha diagnose das necesidades de I+D+i no sector vitivinícola en Galicia.
XORNADA ACREDITACIÓN DUN PANEL DE CATA. A norma UNE-EN-ISO/IEC 17025
Data: 7 de xullo de 2015
Lugar: O Barco de Valdeorras – Ourense
Entidades colaboradores: C.R.D.O. Valdeorras, Concello de Barco de Valdeorras e INGACAL
Obxectivos: A harmonización de criterios, obxectivos da avaliación, especificidade e a norma UNE-EN-ISO/IEC 17025.