mapa portal accesibilidade contacto
EvegaEvega
Xunta de Galicia

I SEMANA VITIVINÍCOLA DE GALICIA: ACTIVIDADES CON ENTRADA LIBRE

24/05/2017

A Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega) celebrará, entre os días 5 e 8 de xuño de 2017, a I SEMANA VITIVINÍCOLA DE GALICIA na cidade de Ourense. Trátase dun gran evento vitivinícola que combinará actividades técnicas con outras de carácter divulgativo e, polo tanto, de interese para o público en xeral con entrada libre.

No mesmo colaboran a Consellería do Medio Rural, a Deputación Provincial de Ourense, o Concello de Ourense, o Instituto Galego da Calidade Alimentaria (INGACAL) e a Fundación Juana de Vega. Así mesmo prestan colaboracións a Plataforma Tecnolóxica do Viño, o proxecto europeo Vitis Europa e a empresa ourensá Taste Galicia.

Para máis información xúntase o programa xeral do evento:

> Díptico da I SEMANA VITIVINÍCOLA DE GALICIA

As actividades que NON precisan unha inscrición previa para poder asistir xa que son de entrada libre:

MESA-FALADOIRO O VIÑO E A CULTURA GALEGA

Mércores, 7 de xuño de 2017
Hora de comezo: 19:30 horas
Lugar: Salón de actos do Centro Cultural Marcos Valcárcel
Entrada libre (máximo 100 prazas)

Programa: Achegarase ao público asistente a un aspecto menos coñecido que é a relación histórica do viño con todos os aspectos da historia e a cultura de Galicia.

“As pedras que facían viño, recuperar do esquecemento”. Luis L. Paadín. Autor de la Guía de vinos de Galicia.

“Galicia, a cultura do viño”. Miguel Mosquera Paans. Escritor e investigador.

“O viño na literatura galega”. Afonso Vázquez Monxardín Fernández. Catedrático de Lingua e Literatura Galega

Cata comentada de viños galegos

XORNADA: NOVAS TENDENCIAS EN MARKETING E INNOVACIÓNS TECNOLÓXICAS NA VITICULTURA.

Xoves, 8 de xuño de 2017
Hora de comezo: 11:00 horas
Lugar de celebración: La Molinera (Rúa do Abrevadeiro 1, 32002 Ourense)
Entrada libre (máximo 100 prazas)

Programa:

“Proxecto de cooperación transnacional para promover a conservación e a protección do patrimonio natural do sector vitivinícola na zona SUDOE (proxecto Wetwine)”
Relatora: Mª CarmenSaborido Díaz. Técnico VITIS EUROPA. Instituto Galego da Calidade Alimentaria (INGACAL)

“A innovación como motor da competitividade dos vinos españois. Casos de éxito. Plataforma Tecnolóxica do Viño.”
Relatora: Trinidad Márquez García. Secretaria Técnica Plataforma Tecnolóxica do Viño.

“Construíndo marcas con éxito. Innovación no marketing e comercialización do viño en mercados internacionais.”
Relator: John Richard David Park. Director de Estudios de WineIntelligence para Iberoamérica.

Mesa redonda.
Moderadora: Susana Carballo Gómez. Xerente de Taste Galicia

MESA-FALADOIRO A VITICULTURA HEROICA

Xoves, 8 de xuño de 2017
Hora de comezo: 19:30 horas
Lugar: Salón de actos do Centro Cultural Marcos Valcárcel
Entrada libre (máximo 100 prazas)

Programa: Achegarase ao público asistente ao concepto de viticultura heroica. Coñecerase as características dos territorios que en España teñen esa cualificación e tomouse coma referencia aos tres que se atopan asociados ao organismo internacional CERVIM (Ribeira Sacra, Cangas de Narcea e Illas Canarias).

“A viticultura en Cangas de Narcea (Asturies)” Beatriz Pérez García. Adega Vidas. Presidenta do CRDO Cangas.

“A viticultura nas illas Canarias. Adega Viñátigo”Elena Batista Herrera. Enóloga da Adega Viñátigo (Santa Cruz de Tenerife).

“A viticultura na Ribeira Sacra”José Manuel Rodríguez. Presidente do CRDO Ribeira Sacra.

Cata comentada de viños heroicos

 

Agardamos que a nosa oferta formativa sexa do seu agrado.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on Twitter
Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio AmbienteFEADER