mapa portal accesibilidade contacto
EvegaEvega
Xunta de Galicia

I SEMANA VITIVINÍCOLA DE GALICIA

19/05/2017

A Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega) celebrará, entre os días 5 e 8 de xuño de 2017, a I SEMANA VITIVINÍCOLA DE GALICIA na cidade de Ourense. Trátase dun gran evento vitivinícola que combinará actividades técnicas con outras de carácter divulgativo e, polo tanto, de interese para o público en xeral con entrada libre.

No mesmo colaboran a Consellería do Medio Rural, a Deputación Provincial de Ourense, o Concello de Ourense, o Instituto Galego da Calidade Alimentaria (INGACAL) e a Fundación Juana de Vega. Así mesmo prestan colaboracións a Plataforma Tecnolóxica do Viño, o proxecto europeo Vitis Europa e a empresa ourensá Taste Galicia.

Para máis información xúntase o programa xeral do evento:

>> Díptico da I SEMANA VITIVINÍCOLA DE GALICIA

>> Tríptico do I ENCONTRO DE VITICULTURA GALICIA – NORTE DE PORTUGAL

>> Folla de inscrición para o I ENCONTRO DE VITICULTURA GALICIA – NORTE DE PORTUGAL

Agardamos que a nosa oferta formativa sexa do seu agrado.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on Twitter
Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio AmbienteFEADER