mapa portal accesibilidade contacto
EvegaEvega
Xunta de Galicia

Liñas de Investigación

Viticultura

viticultura
O departamento dispón dun Banco de Xermoplasma (67 variedades das que o 80% son autóctonas) con campos de homologación de clons de variedades autóctonas galega. Isto permite o centro ter un material xenético moi valioso e evitar a perda destas variedades. Neste senso, a EVEGA dispón da máis completa colección de variedades autóctonas de Galicia. A súa importancia é capital xa que supón:

  1. Ter un acervo xenético en custodia que evite a desaparición das variedades autóctonas e contribuír á biodiversidade.
  1. Dispoñer dun fondo de estudo para o comportamento agronómico e enolóxico das variedades autóctonas cara un futuro.
  1. Actuar de fonte futura de subministro de madeira destas variedades para os viticultores.

A EVEGA é o único viveiro seleccionador oficial de Galicia, isto é que seleccionan clons das variedades autóctonas que temos para que os viveiros produtores poidan subministrar planta certificada aos viticultores que a precisen.

Nesta liña, xa están rematados os traballos con Albariño, Treixadura, Loureira, Dona Branca, Godello, Torrontés e Mencía. Estamos a rematar os correspondentes a Sousón, Brancellao, Caíño Tinto e Espadeiro, e iniciando os de Ferrón, Merenzao, Caíño Bravo e Branco Lexítimo.

O equipo de Viticultura mantén fincas experimentais para o estudio de diversos tipos de condución e poda nas variedades autóctonas galegas. E tamén para o establecemento de sistemas óptimos de defensa fitosanitaria do viñedo, priorizando os mecanismos de loita integrada.

Enoloxía

EnoloxíaO estudo e caracterización xenética de especies e cepas de lévedos, así como a súa aplicación na elaboración de viños e a caracterización dos mesmos é un dos principais traballos que desenvolve o Departamento de Enoloxía. Como resultado deste traballo conseguise unha Colección de lévedos vínicos que permite a selección de lévedos propios para a elaboración de viños diferenciados. Neste intre hai censadas un total de 25 especies autóctonas diferentes e dentro destas, da especie Sacharomycces cerevisiae teñen caracterizadas 50 cepas.

Outra liña de traballo é a dedicada á fixación das condicións óptimas de elaboración e conservación dos viños galegos, mediante o estudo da evolución a curto, medio e longo prazo das súas compoñentes físicas, químicas e sensoriais.

Tamén neste departamento se estudan técnicas de destilación e tipificación das augardentes de bagazo galego.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on Twitter
Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio AmbienteFEADER