mapa portal accesibilidade contacto
EvegaEvega
Xunta de Galicia

TALLER PRÁCTICO – O USO DAS TIC NA XESTIÓN DAS EMPRESAS VITIVINÍCOLAS: A optimización web

16/05/2018

Dentro do marco da II Semana Vitivinícola de Galicia, a Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia organiza o vindeiro 7 de xuño, un taller práctico sobre “O USO DAS TIC NA XESTIÓN DAS EMPRESAS VITIVINÍCOLAS: A optimización web”

Esta actividade desenvolverase no centro teconolóxico La Molinera (Rúa do Abrevadeiro, nº 1 – Ourense), en xornada de mañá. No mesmo colaboran a Deputación Provincial de Ourense, o Concello de Ourense, a Fundación Juana de Vega, a Axencia Galega de Innovación (GAIN), o Instituto Galego da Calidade Alimentaria (INGACAL) e a Asociación Galega de Enólogos (AGE).

As prazas dispoñibles son 25. O prazo de inscrición rematará o día 31 de maio agás que se esgoten antes as prazas. Pode descargar aquí o programa e a folla de solicitude:

>> Descargar díptico

>> Descargar folla de inscrición

Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio AmbienteFEADER