mapa portal accesibilidade contacto
EvegaEvega
Xunta de Galicia

XORNADAS TÉCNICAS: A Rastrexabilidade no viño. Novos procesos

06/10/2017

O vindeiro 26 de outubro, a Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA), organiza as sextas xornadas técnicas correspondentes ao ano 2017.

O evento leva por título “A rastrexabilidade do viño. Novos procesos” e desenvolverase no Salón de actos do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Monforte de Lemos (Rúa Alfredo Brañas. Monforte de Lemos – Lugo) en xornada de mañá. No mesmo colaboran o Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, e o Instituto Galego da Calidade (INGACAL).

O prazo de inscrición rematará o día 24 de outubro.

>> Descargar díptico
>> Descargar folla de inscripción

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on Twitter
Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio AmbienteFEADER