mapa portal accesibilidade contacto
EvegaEvega
Xunta de Galicia

XORNADAS TÉCNICAS: O MERCADO DO VIÑO. Novas tecnoloxías para a venda

23/06/2017

O vindeiro 6 de xullo, a Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA), organiza as quintas xornadas técnicas correspondentes ao ano 2017.

O evento leva por título “O mercado do viño. Novas tecnoloxías para a venda” e desenvolverase no Salón de actos do Edificio Multiusos (Praza do Concello, nº2) en O Barco de Valdeorras (Ourense) en xornada de mañá. No mesmo colaboran o Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras, e o Instituto Galego da Calidade (INGACAL).

O prazo de inscrición rematará o día 5 de xullo.

>> Descargar díptico

>> Descargar folla de inscrición

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on Twitter
Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio AmbienteFEADER