mapa portal accesibilidade contacto
EvegaEvega
Xunta de Galicia

XORNADAS TÉCNICAS – Obter o mellor rendemento e protexer o cultivo da vide das xeadas

11/06/2018

O vindeiro 21 de xuño, a Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA), organiza as quintas xornadas técnicas correspondentes ao ano 2018.

O evento leva por título “OBTER O MELLOR RENDEMENTO E PROTEXER O CULTIVO DA VIDE DAS XEADAS” e desenvolverase no Salón de actos. Edificio Multiusos (Praza nº 2 – O Barco de Valdeorras), en xornada de mañá. No mesmo colaboran o Concello de O Barco de Valdeorras, a Fundación Juana de Vega, o CRDO Valdeorras e o Instituto Galego da Calidade Alimentaria (INGACAL).

As prazas dispoñibles son 100. O prazo de inscrición rematará o día 19 de xuño agás que se esgoten antes as prazas. Pode descargar aquí o programa e a folla de solicitude:

>> Descargar díptico
>> Descargar folla de inscrición

Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio AmbienteFEADER