mapa portal accesibilidade contacto
EvegaEvega
Xunta de Galicia

A Evega colabora nas xornadas que sobre Actualidade Enolóxica organiza a Asociación Galega de Enólogos

20/11/2015

O vindeiro día 10 de decembro a Asociación Galega de Enólogos (AGE) organiza a xornada técnica Actualidade enolóxica en colaboración coa Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia e o INGACAL.

A xornada desenvolverase nas instalacións de Casal de Armán e no seu transcurso os asistentes poderán coñecer de primeira man as esixencias en materia de fiscalidade sobre o alcohol e as bebidas alcohólicas así coma os novos requisitos nas declaracións. Así mesmo os asistentes poderán poñerse ao día nas características aromáticas dos viños e a certificación.

Este evento está dirixido principalmente aos enólogos, técnicos dos paneis de cata, técnicos e persoal de adegas, estudantes.

A data de inscrición remata o día 9 de decembro de 2015 ou cando as prazas estean cubertas.

>> Descargar díptico

>> Descargar folla inscrición

Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio AmbienteFEADER