mapa portal accesibilidade contacto
EvegaEvega
Xunta de Galicia

A EVEGA organiza en Arbo un taller práctico sobre ánalise sensorial no viño

21/04/2017
  • O seu obxectivo é dar a coñecer aos participantes os procesos de adestramento do olfacto e o gusto a través do recoñecemento de olores e sabores básicos e a realización de probas específicas

A Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega), dependente da Consellería do Medio Rural, organizou un taller práctico sobre análise sensorial no viño, en colaboración co Concello de Arbo, a Asociación Galega de Enólogos (AGE) e o Instituto Galego da Calidade Alimentaria (Ingacal). Terá lugar no salón de actos do Edificio Multiusos de Arbo, como actividade complementaria á Festa da Lamprea.

Neste taller práctico os asistentes poderán coñecer os procesos de adestramento do olfacto e o gusto a través do recoñecemento de olores e sabores básicos e a realización de probas específicas.

Así mesmo, aprenderán a detectar o limiar de percepción de cada substancia en valoración. O taller rematará coa cata e identificación dun viño branco e un tinto de cada unha das cinco denominacións de orixe de viños de Galicia.

Este taller será impartido por Luis Buitrón Barrios (presidente de AGE); Daniel Fornos Rivas (técnico de Evega) e Alfonso Losada Quiroga (enólogo e catador). Está dirixido principalmente aos estudantes de Formación profesional dos ciclos de Elaboración de aceites e viño dos IES Ramón Cabanillas (Cambados) e A Granxa (Ponteareas) aínda que hai prazas abertas a outro tipo de público interesado.

>> descargar folla de inscrición 

>> descargar díptico

Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio AmbienteFEADER