mapa portal accesibilidade contacto
EvegaEvega
Xunta de Galicia

A EVEGA organiza un curso de Aptitude Empresarial Agraria Vitivinicultura. Técnicas de cultivo

Curso Vitivinicultura
12/06/2015

O vindeiro luns 22 de xuño a Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia organiza o curso de Aptitude Empresarial Agraria Vitivinicultura. Técnicas de cultivo.

Cun total de 30 prazas e 30 horas de duración vai dirixido a formar a aqueles persoas que inicien a súa actividade no eido da viticultura ou aos profesionais que queiran mellorar a súa formación cara a realización dunha viticultura máis sostible.

Entre os obxectivos do curso salientan o establecemento das pautas a seguir para o establecemento do viñedo así como para o manexo do solo máis axeitado a unha viticultura sostible; a aprendizaxe das técnicas de manexo do material vexetal: enxerto, formación da planta, poda, sistemas de condución; incidirase no uso sostible de fitosanitarios para a prevención e control de pragas e enfermidades da vide e, finalmente daranse a coñecer as posibilidades de diversidade varietal co que conta Galicia.

O curso desenvolverase entre o 22 e o 29 de xuño. A data de inscrición remata o día 19 de xuño de 2015 ou cando as prazas estean cubertas.

>> Descargar díptico

>> Descargar folla de inscricion

Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio AmbienteFEADER