mapa portal accesibilidade contacto
EvegaEvega
Xunta de Galicia

A EVEGA organiza un taller práctico sobre defectos do viño

01/06/2015

O vindeiro xoves 4 de xuño a Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia organiza un taller práctico sobre os defectos do viño, en colaboración con Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei e o Concello de Verín.

Neste taller práctico os asistentes poderán coñecer as moléculas responsables dos defectos máis comúns dos viños, a súa orixe e os mecanismos de aparición; aprender a detectar o limiar de percepción de cada defecto; estudar o comportamento dos viños fronte aos defectos; memorizar os defectos máis comúns nos viños así como coñecer a prevención e/ou eliminación dos defectos.

Este taller está dirixido principalmente aos paneis de cata dos consellos reguladores das denominacións de orixe dos viños galegos, enólogos e sumilleres cun total de 40 prazas.

De non se cubrir as prazas abrirase a inscrición a técnicos de adegas, investigadores, adegueiros, viticultores, estudantes e público en xeral.

A data de inscrición remata o día 2 de xuño de 2015 ou cando as prazas estean cubertas.

>> Descargar díptico

>> Descargar folla de inscricion

Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio AmbienteFEADER