mapa portal accesibilidade contacto
EvegaEvega
Xunta de Galicia

ACTIVIDADES DE EVEGA NO SALÓN VINIS TERRAE (1 e 2 de abril de 2019)

Vinis Terrae
21/03/2019

A Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA), centro dependente da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL), estará presente no “Salón del Vino y los Licores gallegos VINIS TERRAE” que se celebrará os vindeiros días 1 e 2 de abril no recinto de Expourense.

Dentro das actividades que SI requiren dunha inscrición previa atópanse dous talleres prácticos:

            Taller Práctico Atributos dos viños brancos galegos: Día 1 de abril. Entre as  10:00 e as 12:30 horas

Pode descargar aquí o díptico e a folla de inscrición:

>> Descargar díptico
>> Descargar folla de inscrición

            Taller Práctico Defectos dos viños brancos galegos: Día 2 de abril. Entre as 10:00 e as 12:30 horas

Pode descargar aquí o díptico e a folla de inscrición:

>> Descargar díptico
>> Descargar folla de inscrición

As prazas dispoñibles son 30 para cada taller. O prazo de inscrición rematará  o día 29 de marzo agás que se esgoten antes as prazas.

 

Ademais lles informo que EVEGA desenvolverá, en colaboración coa Asociación Galega de enólogos (AGE), outras actividades que NON requiren inscrición previa:

            Cata comentada dos viños brancos premiados con “Acios de Oro” nas  Catas de Galicia 2018: Día 1 de abril. Entre as 12:30 e as 13:30 horas

            Presentación do Monográfico nª4 de EVEGA: Treixadura. Día 2 de abril. Ás 11:00 horas.

            Cata comentada dos viños tintos premiados con “Acios de Oro” nas Catas de Galicia 2018: Día 2 de abril. Entre as 12:30 e as 13:30 horas

            Cata comentada dos viños premiados cos “Acios de Oro” nas Catas de ºGalicia 2018 (I.X.P. Viños da Terra, Viños de Colleitas anteriores, Viños de   elaboracións con Madeira e Viños Ecolóxicos): Día 2 de abril. Entre as 16:30 e   as 17:30 horas

Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio AmbienteFEADER