mapa portal accesibilidade contacto
EvegaEvega
Xunta de Galicia

Congreso INVESTIGACIÓN EN VITICULTURA E ENOLOXÍA EN GALICIA. A Transferencia tecnolóxica

Congreso Investigación en Viticultura
15/06/2015

Dada a diversidade de axentes involucrados no mundo do viño e a multitude de actuacións innovadoras ás que se debe someter o sector nun futuro achegado, faise necesario buscar o xeito de xuntar esforzos para nos posicionar a nivel global. O gran reto da vitivinicultura galega é ser competitiva e sostible nun escenario cada día máis globalizado con mercados internacionais que funcionan baixo a premisa da esixencia crecente en termos de eficiencia, innovación e calidade.
Coa finalidade de dar resposta a eses novos retos, a Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia organiza un evento con vocación de divulgar entre o sector vitivinícola galego as capacidades tanto investigadora coma de innovación con que conta a nosa comunidade autónoma. Asemade o evento profundará na diagnose de necesidades en I+D+i e servirá de foro de contacto para establecer as sinerxias que fagan posible crear unha plataforma científica con alicerces sólidos, soporte de todo o caudal de innovacións que o sector precisa.

Esta é a razón de ser da reunión de grupos de investigación galegos en viticultura e enoloxía, formulado coma Congreso co título INVESTIGACIÓN EN VITICULTURA E ENOLOXÍA EN GALICIA. A Transferencia tecnolóxica, que se desenvolverá o vindeiro 23 de xuño de 2015 na cidade de Ourense, no salón de actos do Centro Cultural Marcos Valcárcel.

Ademais do persoal investigador dos grupos que solicitaron a súa participación, no Congreso de Investigación en Viticultura e Enoloxía en Galicia poderán asistir coma ouvintes os viticultores, adegueiros, enólogos, persoal técnico das adegas e consellos reguladores, estudantes. Público interesado en xeral.

>> Descargar díptico

>> Descargar folla inscrición

Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio AmbienteFEADER