mapa portal accesibilidade contacto
EvegaEvega
Xunta de Galicia

DETÉCTANSE OS PRIMEIROS INDICIOS DE MILDEU

Indicios de Mildeu
25/04/2019

A Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA) informa de que se detectou unha infección primaria de Mildeu (1ª mancha de aceite) na DO Rías Baixas, nun viñedo variedade Albariño, en Tremoedo – Vilanova de Arousa (Salnés). Foi detectada polos servizos técnicos da Adega Martín Codax, que colaboran coa EVEGA no proxecto FITOVIT xunto cunha trintena de adegas e viticultores galegos.

Esta sintomatoloxía inicial marca o comenzo do control da enfermidade en todos os viñedos, en especial da DO Rías Baixas máis adiantados.

Para a realización do que sería o primeiro tratamento para o control de Mildeu dende a EVEGA recórdanse unha serie de aspectos a ter en conta, entre outros:
  • Aplicar en boas condicións atmosféricas e pouco vento, con boa localización do produto nas plantas e evitar as derivas.
  • Ata o período de purga os fitosanitarios que se recomendan de forma prioritaria son os de acción sistémica. Estes necesitan normalmente o menos 1 hora para que sexan absorbidos pola planta.
  • Realizar a calibración do equipo de aplicación para realizar unha boa dosificación do produto, o fin de que a eficacia sexa a esperada.

AppFitoVit. Proxecto piloto de desenvolvemento dunha app para servizo de información fitosanitaria do viñedo

Lembramos que a Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia está desenvolver o proxecto “AppFitoVit. Proxecto piloto de desenvolvemento dunha app para servizo de información fitosanitaria do viñedo”; unha acción I+D+i encamiñada ao deseño e posta en funcionamento dunha App adaptada á telefonía móbil para a implementación dunha rede de axentes transmisores de información do estado sanitario do viñedo. O modelo, implementado con información meteorolóxica, será adaptable no tempo mediante un sistema automático de aprendizaxe.

Esta acción permitirá dar resposta a unha vella demanda do sector vitivinícola galego en canto supoñerá poder dispoñer de información sobre a situación de pragas e enfermidades de xeito territorializado así como de fenómenos metereolóxicos adversos (granizo, xeada, tormenta, etc.).

De xeito parello permitirá diminuir o número de tratamentos aplicados aos viñedos coas consecuencias lóxicas de aforro económico nas explotacións e unha praxe profesional moito máis respectuosa co medio ambiente.

Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio AmbienteFEADER