
16/10/2019
A Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia, centro dependente da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL), organiza o vindeiro 4 de novembro un taller práctico sobre “AS FERRAMENTAS DE INNOVACIÓN NAS EMPRESAS VITIVINÍCOLA E ENOTURÍSTICA. ELABORACIÓN DUN PLAN DE EMPRESA”
Esta actividade desenvolverase no MUSEO DO VIÑO DE GALICIA, en xornada de mañá. No mesmo colaboran o Museo do viño de Galicia, a Ruta do Viño do Ribeiro, a Fundación Juana de Vega e a Axencia Galega de Innovación
As prazas dispoñibles son 20. O prazo de inscrición rematará o día 31 de outubro agás que se esgoten antes as prazas. Pode descargar aquí o programa e a folla de solicitude: