O vindeiro 10 de novembro a Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA), centro dependente da Axencia Galega de Calidade Alimentaria (AGACAL) organiza a xornada técnica “AS ESTRATEXIAS DE SUSTENTABILIDADE AMBIENTAL NA VITIVINICULTURA” ao abeiro do Plan de transferencia para o apoio ás actividades de demostración e de información ao agro galego 2022. A dita xornada celebrarase na Aula Espazo Evega, dentro da celebración da Feira Xantar (Feira Internacional de Turismo Gastronómico) ubicada na Fundación Feiras e Exposicións de Ourense (Expourense - Finca Sevilla, s/n - 32005 – Ourense)
As prazas dispoñibles son 70 e o prazo de inscrición remata o 5 de novembro de 2022 ou si se esgotan as prazas. Pode descargar o díptico e a solicitude na páxina web da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (https://evega.xunta.gal/) ou na páxina da Consellería de Medio Rural (Anexo G) (https://mediorural.xunta.gal/es/temas/formacion/transferencia-tecnoloxica/plan-de-transferencia-tecnoloxica-2022)
O formulario remitirase cuberto ao correo electrónico evega.medio-rural@xunta.gal. A súa inscrición será confirmada a través do enderezo electrónico