XORNADAS TÉCNICAS – Estratexias de adaptación ao cambio climático en vitivinicultura


31/10/2019

O vindeiro 19 de novembro, a Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA), centro dependente da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL), organiza as sétimas xornadas técnicas correspondentes ao ano 2019.

O evento leva por título “ESTRATEXIAS DE ADAPTACIÓN AO CAMBIO CLIMÁTICO EN VITIVINICULTURA” e desenvolverase no Salón de Actos do Centro de Formación e Experimentación Agraria de Monforte de Lemos na Rúa Alfredo Brañas (Monforte de Lemos - Lugo) en xornada de mañá. No mesmo colaboran o Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra e a Fundación Juana de Vega.

As prazas ofertadas son 75 e o prazo de inscrición rematará o día 17 de novembro. Pode descargar aquí o programa e a folla de solicitude:

>> Descargar díptico
>> Descargar folla de inscrición