mapa portal accesibilidad contacto
EvegaEvega
Xunta de Galicia

III ENCONTRO ENOLÓXIGO GALEGO

13/08/2018

O III ENCONTRO ENOLÓXIGO GALEGO celebrarase o día 31 de agosto, en Adegas Casal de Armán. Esta actividade está organizada pola Asociación Galega de Enólogos (AGE) e nela colabora a Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA), tal e como vén sendo habitual nos últimos anos.

Estas xornadas, útiles para a formación continua, tamén teñen como obxectivo intercambiar impresións e experiencias entre os asistentes.

Trataranse temas de completa actualidade e de gran importancia para enfrontarse aos novos retos do mercado contando para iso como relatores con grandes profesionais do noso sector vitivinícola.

Lembrámosvos que a asistencia ás xornadas e a posterior comida serán gratuítas para todos os asociados da AGE.

Co obxecto de coordinar o evento da mellor maneira posible solicítase a confirmación da asistencia enviando o formulario de inscrición adxunto á dirección de correo: enologosgalegos@gmail.com.

>> Descargar díptico

>> Descargar folla de inscrición

Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio AmbienteFEADER