Instalacións

InstalacionsInstalacions 

A Estación dispón dunhas magníficas instalacións con leiras en Leiro e Ribadumia. Así mesmo, conta con adegas experimentais e dous invernadoiros climatizados. Pola súa banda o laboratorio está acondicionado cunha aparataxe de vangarda para garantir un servizo e uns traballos ao maior nivel de profesionalidade e rigorosidade.

Deste xeito, para o desenvolvemento das súas actividades, o centro dispón de:

  • Edificación propia de 800 m2 distribuídos en dous andares. Inclúe tres laboratorios de análise e adega experimental con capacidade para 20.000 litros.
  • Invernadoiros climatizados de 300 e 400 m2 para a reprodución e conservación de material vexetal de viña.
  • Nave para a destilación de augardente de 80 m2 con capacidade para ensaiar distintas tecnoloxías de elaboración.
  • Leira experimental anexa ao Centro de 4 hectáreas de extensión

A Estación Experimental de Viticultura e Enoloxía de Ribadumia conta  con:

  • Edificación propia de 803 m2 distribuídos en dous andares. Inclúe dous laboratorios equipados para análises básicas de viño e mostos e adega experimental con capacidade para 18.000 litros
  • Leira experimental de 0.8 hectáreas.