FENOLOXÍA
Sinonimias
Antecedentes
García de los Salmones (1914) cítaa como cultivada na parte oriental da rexión, mentres que o Catastro Vitícola de 1983 indica o seu cultivo nos municipios de Beade e Cenlle na DORibeiro.
Situación actual
Esta variedade está considerada baixo a categoría de autorizada na DO Ribeiro. Localizáronse exemplares formando parte de parcelas plurivarietais na DO Ribeiro.
Valoracións sobre o seu cultivo
Variedade de brotación tardía e maduración tardía. Produce viños cunha graduación alcohólica, en condicións óptimas de maduración, arredor do 14,4% e cunha acidez preto do 6,4(g/L). Estudos analíticos comparativos entre este cultivar e o cultivar treixadura mostran que ambos os dous presentan matices similares.
Descrición morfolóxica
O pámpano novo presenta a extremidade aberta con peluxe tombada de densidade baixa e pigmentación reberetada de intensidade media. A cara dorsal do entrenó é verde e vermella, mentres que a cara ventral é verde, ao igual que a cara dorsal e ventral dos nós. As xemas non presentan pigmentación antociánica.
A folla nova é bronceada con peluxe tombada de densidade media.
A folla adulta de cor verde media presenta tamaño medio e forma pentagonal, con tres lóbulos; peluda, con densidade baixa de pelos tombados entre os nervios principais do envés do limbo e de pelos ergueitos sobre os nervios principais do envés do limbo; perfil alabeado; limbo con avultamento e inchazón de intensidade débil; presenza de pigmentación antociánica sobre os nervios principais do envés do limbo que alcanza a primeira bifurcación; dentes de lados rectilíneos, de lonxitude media en relación á súa anchura; seo peciolar con lóbulos medio superpostos e coa base en forma de V; seos laterais superiores abertos coa base en forma de V; pecíolo lixeiramente máis curto que o nervio principal.
O acio é cónico, de lonxitude e compacidade media e con presenza de 1 ou 2 ás. O pedúnculo é de lonxitude curta.
O bago de cor verde amarela presenta forma elíptica curta.
Caracterización molecular
Microsatélites | VVS2 | VVMD5 | VVMD7 | VrZag47 | VrZag62 | VrZag79 | VVS29 | VVS5 | ||||||||||||||||
Pb. |
|
|
|
|
|
|
|
|
Microsatélites | VVS2 | VVMD5 | VVMD7 | VrZag47 | ||||||||
Pb. |
|
|
|
|
Microsatélites | VrZag62 | VrZag79 | VVS29 | VVS5 | ||||||||
Pb. |
|
|
|
|