FENOLOXÍA
Sinonimias
Antecedentes
Santos Solla (1992) mencionouno como cultivar principal nos anos 80, dentro do grupo dos caíños, na comarca do Ribeiro. Estudos recentes mostran que este cultivar é a orixe da diversificación doutros cultivares que tamén responden á denominación Caíño (Caíño Tinto, Caíño Longoe Caíño Branco), e doutros considerados autóctonos da rexión, como Sousón, entre as variedades tintas, e Loureira e Albariño entre as brancas (Díaz-Losada et al., 2010).
Situación actual
É recoñecida como variedade principal na DDOO Ribeiro. Encóntrase cultivada formando parte das parcelas plurivarietais na DO Ribeiro. Localizáronse exemplares centenarios nas comarcas do Ribeiro e Condado na provincia de Ourense.
Valoracións sobre o seu cultivo
Variedade de brotación e maduración tardía, presenta sensibilidade media ao oídio e ao mildeu e baixa á botrite. Produce viños de grao alcohólico medio (8,8-11,2%) e elevada acidez(14,97-9,14 g/L), con aromas froiteiros intensos, ademais das notas florais e a mel.
Descrición morfolóxica
O pámpano novo presenta a extremidade aberta con peluxe tombada de densidade media. A cara dorsal e ventral dos entrenós e nós é verde. As xemas non presentan pigmentación antociánica.
A folla nova é bronceada con peluxe tombada de densidade alta.
A folla adulta de cor verde media presenta tamaño medio e forma pentagonal, con tres ou cinco lóbulos; peluda, con densidade media de pelos tombados entre os nervios principais e con densidade baixa de pelos ergueitos entre e sobre os nervios principais do envés do limbo; perfil plano; limbo con avultamento e inchazón débil; presenza de pigmentación antociánica sobre os nervios principais do envés do limbo que alcanza a primeira bifurcación; dentes con mestura de lados rectilíneos e convexos, de lonxitude curta en relación á súa anchura; seo peciolar con lóbulos pouco abertos ou lixeiramente superpostos e coa base en forma de chave; seos laterais superiores abertos coa base en forma de U; pecíolo da mesma lonxitude que o nervio principal.
O acio é cónico, curto, estreito, de compacidade media e con presenza de 1 ou 2 ás. O pedúnculo é de lonxitude curta.
O bago de cor azul negra presenta forma esférica.
Caracterización molecular
Microsatélites | VVS2 | VVMD5 | VVMD7 | VrZag47 | VrZag62 | VrZag79 | VVS29 | VVS5 | ||||||||||||||||
Pb. |
|
|
|
|
|
|
|
|
Microsatélites | VVS2 | VVMD5 | VVMD7 | VrZag47 | ||||||||
Pb. |
|
|
|
|
Microsatélites | VrZag62 | VrZag79 | VVS29 | VVS5 | ||||||||
Pb. |
|
|
|
|