Variedade VVS2 VVMD5 VVMD7 VrZag47 VrZag62 VrZag79 VVS29 VVS5
Súa variedade

Caíño tinto

Caíño tinto: Sumidade
Caíño tinto: Folla nova face
Caíño tinto: Folla nova envés
Caíño tinto: Folla adulta face
Caíño tinto: Folla adulta envés
Caíño tinto: Bago aberto
Caíño tinto: Bago
Caíño tinto: Acio

FENOLOXÍA

Caíño tinto: Xema de inverno
Xema de inverno
29/03/2017
27/03/2019
+ histórico
Xema inchada
19/04/2018
04/04/2019
+ histórico
Punta verde
Caíño tinto: Saída de follas
Saída de follas
21/04/2016
11/04/2019
+ histórico
Caíño tinto: Follas extendidas
Folla extendidas
27/04/2016
27/04/2018
18/04/2019
+ histórico
Caíño tinto: Acios visibles
Acios visibles
30/04/2015
04/05/2018
02/05/2019
+ histórico
Caíño tinto: Acios separados
Acios separados
05/05/2016
10/05/2018
09/05/2019
+ histórico
Caíño tinto: Botóns florais
Botóns florais
23/05/2014
11/05/2015
19/05/2016
18/05/2018
16/05/2019
06/05/2021
+ histórico
Caíño tinto: Floración
Floración
05/06/2014
15/06/2016
30/05/2019
03/06/2021
+ histórico
Caíño tinto: Callado
Callado
12/06/2015
23/06/2016
06/06/2019
10/06/2021
+ histórico
Caíño tinto: Uvas tamaño guisante
Uvas tamaño guisante
20/06/2014
15/06/2015
30/06/2016
25/06/2018
20/06/2019
16/06/2021
+ histórico
Caíño tinto: Peche do acio
Peche do acio
30/06/2015
14/07/2016
13/07/2018
27/06/2019
07/07/2021
+ histórico
Caíño tinto: Envero
Envero
12/08/2014
18/08/2015
14/08/2016
23/08/2018
15/08/2019
09/08/2021
+ histórico
Caíño tinto: Maduración
Maduración
29/09/2014
22/09/2015
27/09/2016
+ histórico

Sinonimias

Caíño Redondo (na DO Ribeiro), Cachiño (en Boiro), Tinta Femia (no occidente da provincia de Pontevedra) e Borraçal (Baixa Limia)

Antecedentes

García de los Salmones (1914) cítaa baixo a denominación Cachiño en Boiro. O regulamento da DO Rías Baixas recólleo no ano 1987 como Caíño Tinto. Estudos de filoxenia demostran que deriva de Caíño Bravo (Díaz-Losada et al.,2010).

Situación actual

Variedade preferente nas DD.OO. Ribeiro, Ribeira Sacra, Rías Baixas, e Valdeorras, e na indicación xeográfica Viño da Terra Barbanza e Iria. A súa distribución é ampla, esténdese dende o Ulla e O Barbanza ata A Guarda, ao longo do río Miño, e ademais está presente na zona occidental da provincia de Ourense e chega ata a Baixa Limia.

Valoracións sobre o seu cultivo

Variedade de brotación e maduración tardía, vigor alto e rendemento medio, presenta sensibilidade de intensidade media ao oídio e ao mildeu. Produce viños afroitados de graduación media (10,6-11%) e acidez elevada (10-7,50 g/L).

Descrición morfolóxica

O pámpano novo presenta a extremidade aberta con peluxe tombada de densidade media e pigmentación reberetada de intensidade débil. A cara dorsal dos entrenós e nós é verde e vermella, mentres que a ventral é verde. As xemas presentan pigmentación antociánica na base de intensidade débil.

A folla nova é bronceada con peluxe tombada de densidade media.

A folla adulta de cor verde media presenta tamaño medio e forma pentagonal, con tres lóbulos; peluda, con densidade media de pelos tombados entre os nervios principais e baixa sobre estes,e con nula ou moi baixa densidade de pelos ergueitos entre e sobre os nervios principais; perfil plano; limbo con avultamento e inchazón débil; presenza de pigmentación antociánica sobre os nervios principais do envés do limbo que alcanza a primeira bifurcación; dentes con lados convexos e rectilíneos, de lonxitude curta en relación á súa anchura; seo peciolar con lóbulos superpostos e a base en forma de V; seos laterais superiores abertos coa base en forma de V; pecíolo lixeiramente máis curto que o nervioprincipal.

O acio é cilíndrico, curto, estreito e compacidade media e con presenza de 1 ou 2 ás. O pedúnculo é de lonxitude media.

O bago de cor azul negra presenta forma esférica.

Caracterización molecular

Microsatélites VVS2 VVMD5 VVMD7 VrZag47 VrZag62 VrZag79 VVS29 VVS5
Pb.
130 132
228 234
237 237
157 161
193 193
245 245
169 179
85 121
Microsatélites VVS2 VVMD5 VVMD7 VrZag47
Pb.
130 132
228 234
237 237
157 161
Microsatélites VrZag62 VrZag79 VVS29 VVS5
Pb.
193 193
245 245
169 179
85 121