FENOLOXÍA
Antecedentes
García de los Salmones (1914) cítaa na localidadede Tui, Pontevedra, e Freijanes e Alonso (1997)cítana como cultivada na zona do Rosal.
Situación actual
Localizada na subzona do Rosal da DO RíasBaixas. Esta variedade esta autorizada para a elaboración de viños na D.O. Rías Baixas.
Valoracións sobre o seu cultivo
Variedade de brotación media e maduración media-tardía. Moi sensible ao oídio e de sensibilidade media ao mildeu e á botrite.
Descrición morfolóxica
O pámpano novo presenta a extremidade aberta con peluxe tombada de densidade media. A cara dorsal e ventral dos entrenós e nós é verde. As xemas non presentan pigmentación antociánica.
A folla nova é verde con peluxe tombada dedensidade alta.
A folla adulta de cor verde media presenta tamaño medio e forma pentagonal, con cincolóbulos; peluda, con densidade media de pelos tombados entre os nervios principais, baixa sobre os nervios principais do envés do limbo; perfil plano; limbo con avultamento e inchazón débil; dentes con lados convexos ou rectilíneos, de lonxitude media en relación á súa anchura; seo peciolar con lóbulos lixeiramente superpostos e coa base en V; seos laterais superiores abertos coa base enforma de V; pecíolo lixeiramente máis curto queo nervio principal.
O acio é cilíndrico, de lonxitude, anchura e compacidade media e con presenza de 1 ou 2 ás.O pedúnculo é de lonxitude curta.
O bago de cor azul negra presenta forma elíptica curta a esférica.
Caracterización molecular
Microsatélites | VVS2 | VVMD5 | VVMD7 | VrZag47 | VrZag62 | VrZag79 | VVS29 | VVS5 | ||||||||||||||||
Pb. |
|
|
|
|
|
|
|
|
Microsatélites | VVS2 | VVMD5 | VVMD7 | VrZag47 | ||||||||
Pb. |
|
|
|
|
Microsatélites | VrZag62 | VrZag79 | VVS29 | VVS5 | ||||||||
Pb. |
|
|
|
|