Variedade VVS2 VVMD5 VVMD7 VrZag47 VrZag62 VrZag79 VVS29 VVS5
Súa variedade

Espadeiro

Espadeiro: Sumidade
Espadeiro: Folla nova face
Espadeiro: Folla nova envés
Espadeiro: Folla adulta face
Espadeiro: Bago aberto
Espadeiro: Bago
Espadeiro: Acio

FENOLOXÍA

Espadeiro: Xema de inverno
Xema de inverno
04/04/2016
27/03/2019
+ histórico
Espadeiro: Xema inchada
Xema inchada
11/04/2016
29/03/2017
19/04/2018
04/04/2019
+ histórico
Espadeiro: Punta verde
Punta verde
21/04/2016
+ histórico
Espadeiro: Saída de follas
Saída de follas
27/04/2016
07/04/2017
+ histórico
Espadeiro: Follas extendidas
Folla extendidas
11/04/2019
+ histórico
Espadeiro: Acios visibles
Acios visibles
05/05/2016
04/05/2018
25/04/2019
+ histórico
Espadeiro: Acios separados
Acios separados
30/04/2015
12/05/2016
17/04/2017
10/05/2018
+ histórico
Espadeiro: Botóns florais
Botóns florais
23/05/2014
11/05/2015
19/05/2016
18/05/2018
16/05/2019
06/05/2021
+ histórico
Espadeiro: Floración
Floración
05/06/2014
15/06/2016
08/06/2018
30/05/2019
03/06/2021
+ histórico
Espadeiro: Callado
Callado
12/06/2014
08/06/2015
23/06/2016
25/06/2018
06/06/2019
10/06/2021
+ histórico
Espadeiro: Uvas tamaño guisante
Uvas tamaño guisante
15/06/2015
30/06/2016
02/07/2018
20/06/2019
16/06/2021
+ histórico
Espadeiro: Peche do acio
Peche do acio
23/07/2014
28/07/2016
13/07/2018
27/06/2019
07/07/2021
+ histórico
Espadeiro: Envero
Envero
12/08/2014
25/08/2015
18/08/2016
15/08/2019
19/08/2021
+ histórico
Espadeiro: Maduración
Maduración
15/09/2014
22/09/2015
27/09/2016
+ histórico

Sinonimias

Caíño Redondo, Couxo

Antecedentes

Este cultivar está relacionado xeneticamente coa linaxe do Merenzao (Díaz-Losada et al., 2010).

Situación actual

Esta variedade está contemplada coa categoría de preferente na D.O. Rías Baixas.

Valoracións sobre o seu cultivo

Variedade de agromada media e maduración serodia; produción baixa en relación á Mencía; sensibilidade media á botrite ao mildeu e ao oídio. Produce viños cunha graduación media-alta que dependendo da localización do seu cultivo poden variar en entre 11,4-14% v/v; de acidez media (6-4,7 g/L) e pH alto ( 3,5-3,9); de cor medio(IPT 55-38); cunha alta intensidade aromática, con aromas a froitos vermellos, grosella, fresa, e a lácticos; con corpo, persistente, de taninos suaves e agradables. A variedade é indicada para a elaboración de viños do ano tanto monovarietais como plurivarietais; podería aguantar ben a crianza en barrica.

Descrición morfolóxica

O pámpano novo presenta a extremidade aberta con peluxe tombada de densidadebaixa e pigmentación ausente ou reberetada de intensidade moi débil. A cara dorsal dos entrenóse nós é verde e vermella, e a cara ventral, verde. As xemas presentan pigmentación antociánica na base da bráctea e de intensidade débil.

A folla nova é verde con peluxe tombada dedensidade media.

A folla adulta de cor verde media presenta tamaño medio e forma pentagonal, con cinco lóbulos; peluda, con densidade media de pelos tombados entre os nervios principais do envés e nula ou moi baixa de pelos ergueitos e con densidade baixa de pelos tombados e ergueitos sobre os nervios principais do envés do limbo; perfil alabeado; limbo con avultamento e inchazón débil; dentes de lados convexos, de lonxitude media en relación á súa anchura; seo peciolar con lóbulos pouco abertos e coa base en forma de chave; seos laterais superiores abertos coa base en forma de V; pecíolo máis curto que o nervio principal.

O acio é cónico, longo, de anchura e compacidade media e con presenza de 1 ou 2 ás. O pedúnculo é de lonxitude curta.

O bago de cor azul negra presenta forma esférica.

Caracterización molecular

Microsatélites VVS2 VVMD5 VVMD7 VrZag47 VrZag62 VrZag79 VVS29 VVS5
Pb.
136 150
232 234
237 241
151 165
187 187
243 245
169 179
98 150
Microsatélites VVS2 VVMD5 VVMD7 VrZag47
Pb.
136 150
232 234
237 241
151 165
Microsatélites VrZag62 VrZag79 VVS29 VVS5
Pb.
187 187
243 245
169 179
98 150