mapa portal accesibilidad contacto
EvegaEvega
Xunta de Galicia

XORNADAS TÉCNICAS – Enfermidades da vide e o seu control: a podremia gris

xornada-enfermidades-da-vide
03/06/2019

O vindeiro 13 de xuño, a Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA), centro dependente da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL), organiza as quintas xornadas técnicas correspondentes ao ano 2019.

O evento leva por título “Enfermidades da vide e o seu control: A podremia gris” e desenvolverase no Salón de Actos do Edificio Multiusos de O Barco de Valdeorras (Praza do Concello nº2 – O Barco – Ourense) en xornada de mañá. No mesmo colaboran o Concello de O Barco de Valdeorras, a Fundación Juana de Vega e o CRDO Valdeorras.

O prazo de inscrición rematará o día 12 de xuño. Pode descargar aquí o programa e a folla de solicitude:

>> Descargar díptico
>> Descargar folla de inscrición

Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio AmbienteFEADER