mapa portal accesibilidad contacto
EvegaEvega
Xunta de Galicia

XORNADAS TÉCNICAS – RETOS E INNOVACIÓNS NO MERCADO: OS VIÑOS ROSADOS EN GALICIA

Xornada técnica
25/03/2019

O vindeiro 9 de abril, a Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA), organiza as primeiras xornadas técnicas correspondentes ao ano 2019.

O evento leva por título “Retos e innovacións no mercado: os viños rosados en Galicia” e desenvolverase no salón de actos do Centro sociocultural de Sober (Lugo) en xornada de mañá. No mesmo colaboran o Concello de Sober, a Fundación Juana de Vega e o CRDO Ribeira Sacra.

O prazo de inscrición rematará o día 8 de abril. Pode descargar aquí o programa e a folla de solicitude:

>> Descargar díptico

>> Descargar folla de inscrición

Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio AmbienteFEADER