mapa portal accesibilidade contacto
EvegaEvega
Xunta de Galicia

Xornadas técnicas: Formación de expertos en análise sensorial. Novas tendencias nos viños galegos

Taller análise sensorial
10/04/2016

O vindeiro 26 de abril de 2016 a Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA) celebrará unhas xornadas técnicas co título “Formación de expertos en análise sensorial. Novas tendencias nos viños galegos” na Estación Experimental de Viticultura e Enoloxía en Ribadumia.

Neste taller práctico os asistentes poderán coñecer os procesos de adestramento do olfacto e o gusto a través do recoñecemento de olores e sabores básicos e a realización de probas de recoñecemento das mesmas. Así mesmo aprenderán a detectar o limiar de percepción de cada substancia en valoración. O taller rematará coa cata e identificación dun viño branco e un tinto de cada unha das cinco Denominacións de orixe de Galicia.

Colaboran nesta xornada o CRDO Rías Baixas,  a Asociación Galega de Enólogos e o Instituto Galego da Calidade (INGACAL)

>> Descargar díptico

>> Descargar folla de inscrición

Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio AmbienteFEADER