CURSO DE VITICULTURA: TÉCNICAS DE CULTIVO


14/07/2021

A Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia, centro dependente da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL), inicia o 26 de xullo de 2021 un curso sobre  "VITICULTURA: TÉCNICAS DE CULTIVO"
Esta actividade desenvolverase na Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia en Leiro, Ourense. O dito curso impartirase en xornada de tarde, os días 26, 27,28 e 29 de xullo e os días 25, 26, 27 e 28 de outubro, e no mesmo colabora a Fundación Juana de Vega.
As prazas dispoñibles son 20. O prazo de inscrición rematará o día 25 de xullo agás que se esgoten antes as prazas. Pode descargar aquí o programa e a folla de solicitude:

 

>> Descargar díptico
>> Descargar folla de inscrición