INFORMACIÓN ORDE DE AXUDAS para paliar os danos producidos polo xabaril


27/03/2020

Obxecto e beneficiarios:
Establecer unha liña de axudas a favor das persoas, físicas ou xurídicas, titulares de explotacións agrarias, inscritas no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (Reaga) ou de autoconsumo, afectadas polos danos causados nos seus cultivos agrícolas polo xabaril, coa finalidade de compensar estes danos, e proceder á súa convocatoria para o ano 2020).

 

Ámbito temporal e prazo de presentación das solicitudes:
A orde comprende as indemnizacións para os danos producidos polo xabaril que se comuniquen dende o 11 de outubro de 2019 ata o 10 de outubro de 2020.

Os prazos de presentación da solicitude de axuda serán os seguintes:

a) Para os danos comunicados entre o 11 de outubro de 2019 e a entrada en vigor desta orde (8 de febrero 2020), o prazo de presentación será de 1 mes contado a partir da entrada en vigor desta orde.

É requisito imprescindible que se teña previamente comunicado o dano do xeito e no prazo previsto na orde do 7 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar os danos producidos polo xabaril e se convocan para o ano 2019.

b) O prazo de presentación da solicitude de axuda será de un mes contado dende o día seguinte ao da comunicación do dano ao teléfono 012.

 

Procedemento de comunicación do dano:
Mediante chamada ao teléfono 012 no prazo máximo das 72 horas seguintes á produción dos danos en cultivos agrícolas, as persoas físicas ou xurídicas, titulares de explotacións agrarias e os de autoconsumo deberán poñelo en coñecemento da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda mediante unha chamada, no horario hábil, ao teléfono 012, na que se lles facilitará unha clave que servirá para acreditar a chamada e identificar o expediente.

O horario hábil de atención telefónica é dende as 8.00 ata as 20 horas de luns a venres, e dende as 8.00 ata as 17.30 os sábados.

 

Crédito:
O importe total da convocatoria é de 2.241.000 €, cun incremento do 176% con respecto da orde publicada en 2019 ( que se dotou con 811.000 €).

 

Contías das axudas:
As contías das axudas calcúlanse en base ao baremo establecido no Anexo I da Orde de axudas, oscilando o importe por metro cadrado de superficie afectada entre os 12 céntimos de euro para o trigo, centeo e pradería e os 2,40 euros no caso da vide ou 3,25 para frutais.

Estas contías calcúlanse en base ao baremo establecido no Anexo I da Orde.

O importe máximo por persoa beneficiaria e ano establécese en 1.700 €.

 

Baremo:
Os criterios de valoración para o outorgamento das axudas serán os seguintes:

Baremo utilizado para o pagamento de axudas para paliar os danos producidos polo xabaril en cultivos agrícolas (Anexo I)

Tipo de cultivo Importe por m2
Código Descrición €/m2
MIG  Millo en gran 0,16
MIF   Millo forraxeiro 0,25
TRI   Trigo 0,12
CEN  Centeo 0,12
PRA Pradaría 0,12
PAT Pataca 0,44
FRU Frutais 3,25
HO1 Hortalizas 1 (cenoria, repolo e nabo)  0,69
HO2 Hortalizas 2 (coliflor, tomate, berenxena, cabaciña, cebola, feixón verde, leituga, pemento e allo porro)  1,82
VID  Uva 2,93​

 

>> Ver resumo axudas