A Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia, centro dependente da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL), organiza o vindeiro 5 de novembro unha xornada técnica co título “A PROCURA DO EQUILIBRIO VEXETATIVO- PRODUTIVO E A DURACIÓN DO VIÑEDO: O ENXERTO E O PORTAENXERTOS”
Esta actividade desenvolverase baixo a modalidade ON LINE no marco do “Xantar 2021. Feria Internacional de Turismo Gastronómico”. Na mesma colaboran Expourense e a Fundación Juana de Vega.
As prazas dispoñibles son 100. O prazo de inscrición rematará o día 2 de novembro agás que se esgoten antes as prazas.
PROCEDEMENTO DE INSCRICIÓN:
1.- Inscrición previa xuntando a folla de inscrición cuberta e remitíndoa a evega.medio-rural@xunta.gal.
2.- A dita inscrición confirmarase a través do enderezo electrónico e o enlace ao evento subministrarase con 24 h de antelación.