TALLER PRÁCTICO - Aromas de Monterrei. Novos procesos de recoñecemento dos atributos nos viños da DOP Monterrei


18/11/2019

A Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia, centro dependente da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL), organiza o vindeiro 26 de novembro un taller práctico sobre “AROMAS DE MONTERREI. NOVOS PROCESOS DE RECOÑECEMENTO DOS ATRIBUTOS NOS VIÑOS DA DOP MONTERREI
Esta actividade desenvolverase no Museo Claustro Mercedario de Verín (Praza da Mercé s/n - Verín - Ourense), en xornada de tarde. No mesmo colaboran a Fundación Juana de Vega e o Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei.
As prazas dispoñibles son 25. O prazo de inscrición rematará o día 25 de novembro agás que se esgoten antes as prazas. Pode descargar aquí o programa e a folla de solicitude:
 

>> Descargar díptico
>> Descargar folla de inscrición