TALLER PRÁCTICO – As ferramentas de innovación nas empresas vitivinícolas e enoturísticas. Elaboración dun plan de empresa


16/10/2019

A Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia, centro dependente da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL), organiza o vindeiro 4 de novembro un taller práctico sobre “AS FERRAMENTAS DE INNOVACIÓN NAS EMPRESAS VITIVINÍCOLA E ENOTURÍSTICA. ELABORACIÓN DUN PLAN DE EMPRESA

Esta actividade desenvolverase no MUSEO DO VIÑO DE GALICIA, en xornada de mañá. No mesmo colaboran o Museo do viño de Galicia, a Ruta do Viño do Ribeiro, a Fundación Juana de Vega e a Axencia Galega de Innovación 

As prazas dispoñibles son 20. O prazo de inscrición rematará o día 31 de outubro agás que se esgoten antes as prazas. Pode descargar aquí o programa e a folla de solicitude:
 

>> Descargar díptico
>> Descargar folla de inscrición