TALLER PRÁCTICO: FERRAMENTAS PARA INICIAR A INTERNACIONALIZACIÓN NAS EMPRESAS VITIVINÍCOLAS


27/06/2022

A Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia, centro dependente da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL), organiza o vindeiro 27 de xuño un taller práctico sobre “FERRAMENTAS PARA INICIAR A INTERNACIONALIZACIÓN NAS EMPRESAS VITIVINÍCOLAS”.

Esta actividade desenvolverase na nas instalacións da Fundación Belarmino Fernández Iglesias (Rúa Pazo de Ribas 66 (Rosende - Sober - Lugo), en xornada de mañá. No mesmo colaboran a esta fundación e a Fundación Juana de Vega.

As prazas dispoñibles son 15. Os interesados deberán preinscribirse na actividade a través da páxina web da Consellería do Medio Rural no seguinte enlace: https://ovmediorural.xunta.gal/gl/consultas-publicas/acciones-formativas. A súa inscrición será confirmada a través do enderezo electrónico

>> Descargar díptico