TALLER PRÁCTICO: As TIC como ferramentas de xestión e marketing


13/10/2021

A Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia, centro dependente da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL), organiza o vindeiro 4 de novembro un taller práctico sobre “AS TIC´S COMO FERRAMENTAS DE INNOVACIÓN E MÁRKETING: ELABORACIÓN DUN PLAN DE COMUNICACIÓN DIXITAL
Esta actividade desenvolverase no “Xantar 2021. Feria Internacional de Turismo Gastronómico”, sito no Recinto Feiral Expourense (Finca Sevilla, s/n 32005 – Ourense), en xornada de mañá. No mesmo colaboran Expourense e a Fundación Juana de Vega.
As prazas dispoñibles son 10. O prazo de inscrición rematará o día 12 de novembro agás que se esgoten antes as prazas. Pode descargar aquí o programa e a folla de solicitude

>> Descargar díptico
>> Descargar folla de inscrición