A Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia, centro dependente da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL), organiza o vindeiro 30 de xuño un taller práctico sobre “XESTIÓN DE REDES NAS EMPRESAS VITIVINÍCOLAS”.
Esta actividade desenvolverase na nas instalacións da Fundación Belarmino Fernández Iglesias (Rúa Pazo de Ribas 66 (Rosende - Sober - Lugo), en xornada de mañá. No mesmo colaboran a esta fundación e a Fundación Juana de Vega.
As prazas dispoñibles son 15. Os interesados deberán preinscribirse na actividade a través da páxina web da Consellería do Medio Rural no seguinte enlace: https://ovmediorural.xunta.gal/gl/consultas-publicas/acciones-formativas. A súa inscrición será confirmada a través do enderezo electrónico.
Nota importante: Para o desenvolvemento do curso precísase que o alumno dispoña de computador, tablet ou, no seu defecto, teléfono móbil.